Inicio » Author Archive

27-S: Independencia para cambialo todo

O vindeiro 27 de setembro, o pobo de Catalunya está convocado a amosar, unha vez máis, a súa vontade maioritaria de liberdade. Lonxe de ceder perante chantaxes e ameazas dos que insistiron en subestimar o seu proxecto emancipador, Catalunya constrúe poder popular e avanza nun proceso de autodeterminación nacional e social que, desde a Frente Popular Galega, saúdamos e apoiamos. Vivimos tempos... 

Libro de Estilo contra disidentes

 Libros de estilo, libros de estilo, están de moda os libros de estilo…  o estilo es ti! Ferrín   O obxectivo dun libro de estilo é algo opaco nos nosos días. Semella claro para quen o escribe, se cadra tamén para quen o le. Pero como nas augas da ría, flúen intensas correntes e contracorrentes baixo a placidez da superficie. O concepto de xornalismo literario tocou cumios na nosa lingua... 

Homenaxe Popular a Moncho Reboiras

Como en anos anteriores, a organización da mocidade comunista Xeira e a Frente Popular Galega convocamos unha homenaxe popular á figura de Moncho Reboiras no 40º aniversario do seu asasinato en mans da policía española. Farémolo de novo en Teis por ser este barrio obreiro da comarca viguesa o lugar onde o camarada Reboiras pasou a maior parte da súa vida e onde comezou a traballar e militar... 

Un 25 de xullo de unidade e xenerosidade!

Un ano máis, coa chegada do 25 de Xullo, o pobo galego xúntase para reivindicar, de xeito claro e decidido, a vontade de sermos nación libre e soberana. Un ano máis, dende a Frente Popular Galega reivindicamos que o noso día nacional, instaurado a principios do século pasado polas Irmandades da Fala, debe ser dinamizado polo movemento popular e social, polo pobo traballador, é dicir: polo... 

Tarefas e reptos da esquerda republicana e independentista galega

Malia non ser precisamente para min un referente político nin ideolóxico, dicía moi atinado o alcumado pai da independencia india Mahatma Ghandi que “first they ignore you, then they ridicule you, then they fight you, and then you win”. Dándolle unha voltas, esta frase, e fuxindo de esquemas mentais ríxidos e de interpretacións demasiado subxectivas, ben se podería aplicar á curta pero... 

Esquerda independentista, municipalismo e unidade popular

  A aposta clara da esquerda independentista galega por apoiar, promover e mesmo constituír candidaturas de unidade popular a nivel municipal é un posicionamento táctico cun longo percorrido na historia contemporánea do movemento. Longo percorrido pero tamén intermitente a consecuencia da inestabilidade organizativa e das divisións que marcan o complicado decorrer do independentismo galego... 

Nota de prensa da FPG

Diante das noticias aparecidas no día de hoxe (26/03/15) nalgún medio de comunicación temos que dicir: Que desde a Frente Popular Galega levamos moito tempo reclamando e traballando polas frontes amplas. Desde o noso nacemento en 1988 sempre pulamos por xerar procesos de unidade popular que fosen quen de enfrontar o réxime do Estado español que nos últimos tempos está a verse totalmente esgotado. Esta... 

8 de marzo: A loita que non cesa

No contexto deste Día Internacional da Muller Traballadora, de novo, queren negarnos a nosa condición de persoas; de novo, o goberno do Partido Popular demostra a súa desconfianza nas mulleres da clase traballadora e tamén a súa necesidade imperiosa de controlar a forza da nosa unión, a unión das desposuídas do mundo e a unión, en definitiva, do conxunto da clase obreira fronte á ignominia... 

2015. Paso firme cara a creba.

Este 2015 preséntase como un reto político do máis alto nivel e para estar ao tanto de todo pomos a vosa disposición, como o pasado ano, o Almanaque Político de Xeira e da Frente Popular Galega coas efemérides máis importantes sinaladas no mesmo. Neste novo ano, dende as organizacións do comunismo independentista galego continuaremos a loitar contra todo tipo de explotación, imperialismo,... 

Abaixo o Bloqueo!

Desde a Frente Popular Galega saudamos con satisfacción e ledicia plenas, a nova da liberación dos 5 heroes secuestrados pola lexítima defensa da patria soberana. Queremos trasladar os nosos parabéns polo novo horizonte que se abre ao pobo exemplar de Cuba, que coa súa loita constante, disciplinada e tamén xenerosa, soubo afrontar 50 anos de bloqueo e acoso por parte do imperio estadounidense...