Inicio » Compostela

Adiante convoca manifestación o sábado 15, ás 19 horas, desde a Praza Roxa de Compostela

«O desemprego, os desafiuzamentos, a precariedade, a privatización do ensino e da sanidade, o desmantelamento dos servizos públicos, o establecemento da familia hetero-patriarcal como patrón social, o endurecemento do Código Penal, a represión, os ataques e a negación dos dereitos das mulleres, das migrantes, da clase traballadora, dos pobos… Se hai algo que está claro é que este sistema... 

[Compostela] Roberto Vidal Bolaño en Compostela

Se o Concello de Santiago de Compostela, capital de Galicia, acumulase sequera unha parte testemuñal de intelixencia e dignidade, interviría con toda a súa potencia institucional para que Roberto Vidal Bolaño teña no 2013, e desde agora mesmo, a homenaxe e o recoñecemento que a súa figura e a súa obra esixen. Por moitas razóns. Porque probablemente non hai na historia da literatura galega... 

[Compostela] Un ataque máis do goberno municipal contra o tecido asociativo

Na vindeira sesión do Pleno Municipal este goberno municipal pretende aprobar a “Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalación e Ocupacións da Vía Pública” pola que se impedirá a realización de calquera tipo de actividade que a cidadanía deste concello, así como asociacións e colectivos, pretendan levar a cabo, mediante a imposición taxas e avais abusivos. Aínda que esta normativa... 
Etiquetas: , ,

[Compostela] Cae o esperpento

Finalmente sucedeu o inevitábel. Non había outra saída, a cabeza de Conde Roa tiña que rodar. De nada valeron as roldas de prensa, os pataleos, a petulancia. E é que cando reclaman a túa dimisión mesmo dende as propias ringleiras do PP (partido que, por outra banda, é pouco dado á expiación de culpas e ao recoñecemento de responsabilidades) é que xa non ficaba moito por facer. Mais tampouco... 

[Compostela] Ante o embargo á Gentalha do Pichel

A Frente Popular Galega en Compostela fai público o seu rexeitamento á medida levada a cabo contra o Centro cultural e social A Gentalha do Pichel pola que se executa o embargo da súa conta por mor dunha multa de 2000€. O actual alcalde, Conde Roa, e por extensión o goberno municipal do PP, xa vén manifestando hai tempo a súa animadversión a dito Centro, así como a canta actividade cultural,... 

[Compostela] O peche do Mercado Nacional de Gando de Amio

Outro ataque ao tecido produtivo galego. Co anuncio de peche do Mercado de Amio, a Corporación Municipal de Santiago de Compostela deixa ben claro que lle molesta profundamente a presenza na cidade dunha actividade tan propia coma a gandería. O fundamento de tal peche aséntano en razóns económicas e de incompatibilidade de usos. Para demostrar a falsidade de tales afirmacións abonda referir... 

[Compostela] Sobre a recuperación da Sala Iago

O Comité de Zona da FPG de Compostela leva tempo manifestando a súa preocupación pola apropiación por parte do capital privado de diferentes espazos culturais e sociais da cidade, ante a pasividade dos sucesivos gobernos municipais que priorizaron o desenvolvemento de políticas favorábeis á defensa dos intereses de carácter privado fronte aos intereses do conxunto do pobo de Compostela, do... 

A FPG de Compostela abre o seu blogue

A Asemblea de Zona da FPG de Compostela vén de abrir ao público o blogue http://fpgcompostela.blogaliza.org/ como medio de difusión dos acordos e das propostas políticas deste organismo de base do noso Partido. Este blogue, que contén xa algunha das resolucións da Asemblea Comarcal Compostelá, complementarase coa edición en papel do voceiro O Preguntoiro, publicación histórica que saiu do... 
Etiquetas: , ,