Home » Nacional

Co pobo soberano

Desde a Frente Popular Galega saúdamos con ledicia a nova vitoria do pobo de Venezuela, que elixiu a Nicolás Maduro como presidente para dar continuidade e así afondar na Revolución Bolivariana iniciada por Hugo Chávez; vangarda dos movementos que camiñan cara o Socialismo e a emancipación nacional que se están a dar en moitos países de Latinoamérica. Materialización dunha fenda de esperanza... 
Etiquetas:

Lingua, cultura, política.

Lingua, cultura, política. Ferrín na Academia. Nos 25 anos de historia da Frente Popular Galega, especialmente a partir dos últimos relanzos do século XX, resultou con frecuencia moi chamativo o contraste entre o escaso eco electoral das súas concorrencias ás eleccións (agás o caso senlleiro de Cangas) e o poderoso impacto ideolóxico do seu discurso político, por unha banda, e o prestixioso... 
Etiquetas: , , ,

25 anos da FPG

Este 10 de marzo cúmprense 25 anos da fundación formal da Frente Popular Galega como culminación da confluencia e unidade de todas as forzas da esquerda independentista galega existentes naquel intre. Concebida nun primeiro momento como fronte de partidos na que se integran principalmente o Partido Comunista de Liberación Nacional, Galiza Ceive e os colectivos nacionalistas de Compostela,... 

Condolencias da FPG polo falecemento do camarada Presidente Hugo Chávez

Desde a Frente Popular Galega, como partido comunista, independentista e internacionalista ligado intimamente á loita das clases traballadoras de Galiza e do mundo, queremos transmitir á República Bolivariana de Venezuela e a todo o pobo traballador venezolano o noso pesar e a nosa solidariedade e apoio polo pasamento do Comandante e Presidente Hugo Chávez Frías. Queremos transmitir unha... 
Etiquetas: ,

Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días

As mulleres organizadas contra o sistema patriarcal e capitalista convocamos unha manifestación unitaria baixo o lema Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos O próximo sábado 9 de marzo ás 12:30hs, a Frente Popular Galega xunto con compañeiras dos colectivos feministas, sociais, sindicais e políticos, sairemos desde a estación de trens de Compostela, por segundo ano, para tomar as... 

Adiante convoca manifestación o sábado 15, ás 19 horas, desde a Praza Roxa de Compostela

«O desemprego, os desafiuzamentos, a precariedade, a privatización do ensino e da sanidade, o desmantelamento dos servizos públicos, o establecemento da familia hetero-patriarcal como patrón social, o endurecemento do Código Penal, a represión, os ataques e a negación dos dereitos das mulleres, das migrantes, da clase traballadora, dos pobos… Se hai algo que está claro é que este... 

Resolución Conferencia Nacional

A Frente Popular Galega vimos de celebrar o pasado 25 de Novembro en Redondela a nosa Conferencia Nacional, na cal reafirmamos a aposta pola participación da nosa militancia  no movemento político amplo de ANOVA, baixo os principios máximos de asemblearismo e democracia de base, aprobados na asemblea constituínte do 14 de xullo, como células básicas que conforman a acción política, exercida... 

6 de Decembro: Nada que celebrar

No día en que se celebra a Festa da Constitución Española, Anova – Irmandade Nacionalista quere reiterar a convicción de que o benestar da maioría social galega require a plenitude dos dereitos individuais e colectivos como pobo. Afirmamos que na loita social, pero tamén dende as institucións, é preciso pular pola liberdade, igualdade e fraternidade para a cidadanía e polo exercicio... 

Se nos tocan a unha, tócannos a todas!!!!

Na data do 25 de novembro as mulleres organizadas decidimos conmemorar o Día Internacional Contra a Violencia cara as Mulleres, en memoria das Irmáns Mirabal, nas que proxectamos tamén a memoria de moitas compañeiras que diariamente, a cada minuto, a cada segundo, padecen a violencia do patriarcado. Mais que teñamos marcado no calendario unha data “conmemorativa” non significa que a nosa... 

Xuntanza da FPG con Esquerda Unida (EU)

A Frente Popular Galega (FPG) quere manifestar a súa vontade de manter contactos con diferentes colectivos e forzas políticas co obxectivo de alcanzar acordos amplos para posibilitar avances no camiño dunha Galiza soberana e dos e das traballadoras. A nosa vontade é firme: facer posíbel unha verdadeira alternativa política para a saída da brutal crise á que nos conducíu o gran capital financeiro...