Inicio » Nacional

Nota de prensa da FPG

Diante das noticias aparecidas no día de hoxe (26/03/15) nalgún medio de comunicación temos que dicir: Que desde a Frente Popular Galega levamos moito tempo reclamando e traballando polas frontes amplas. Desde o noso nacemento en 1988 sempre pulamos por xerar procesos de unidade popular que fosen quen de enfrontar o réxime do Estado español que nos últimos tempos está a verse totalmente esgotado. Esta... 

8 de marzo: A loita que non cesa

No contexto deste Día Internacional da Muller Traballadora, de novo, queren negarnos a nosa condición de persoas; de novo, o goberno do Partido Popular demostra a súa desconfianza nas mulleres da clase traballadora e tamén a súa necesidade imperiosa de controlar a forza da nosa unión, a unión das desposuídas do mundo e a unión, en definitiva, do conxunto da clase obreira fronte á ignominia... 

6-D Unidade para un novo proceso constituinte

Ao contrario do que aconteceu na veciña República Portuguesa, no Estado Imperialista Español o réxime do ditador Franco non foi derrubado por revolta popular algunha senón que foi transformado por dúas reformas consecutivas, a Primeira Transición na década dos 60, liderada sobre todo polos tecnócratas do Opus Dei co ditador aínda vivo, e a Segunda Transición, executada nos 70 por unha alianza... 

Violencia de xénero é violencia estrutural

A violencia contra a muller segue a ser algo máis ca un problema mal solucionado propio épocas pasadas, algo máis ca faíscas: constitúe unha pandemia global. Segundo a ONU, ata un 70% das mulleres sofren violencia nas súas vidas. Esta teimuda violación dos dereitos humanos que se exerce sobre as mulleres ten unha raíz estrutural: o patriarcado, do que emerxe a ideoloxía machista que día... 

#SiSi Para mudalo todo

Desde a Frente Popular Galega queremos manifestar todo o noso apoio ao pobo catalán e ao seu proceso de autodeterminación cara a independencia. Todas as forzas políticas e sociais consideradas democráticas esixímoslle rotundamente  ao Estado e ao goberno español que respecten a consulta democrática convocada para este 9 de novembro en Cataluña. É a hora de posicionarse do lado da democracia... 

Pan, Traballo e Teito. A nosa dignidade é imparábel.

Outra volta máis volvemos saír as rúas pola nosa dignidade. Unha vez máis queremos manifestarnos polos nosos dereitos  máis elementais que foron mil veces pisoteados, e debémolo facer de maneira unitaria e coordinada. Fixémolo no 22 de marzo en Madrid, onde converxeron forzas da esquerda de todas as tradicións, converténdose nunha data  xa referencial no camiño da ruptura co réxime bipartidista... 

Arnaldo Otegi Askatu!

Desde a Frente Popular Galega (FPG) queremos manifestar unha vez máis a nosa total adhesión internacionalista á liberación nacional e social do Pobo Vasco. Sumámonos a manifestación de Elgoibar convocada para o 11 de outubro co obxectivo de reivindicar a liberdade de Arnaldo Otegi e dos seus compañeiros e compañeiras presas polo caso “Bateragune”. Nin os gobernos nin o Estado español lle... 

Desde a FPG queremos manifestar todo o noso apoio ao pobo catalán e ao seu proceso de autodeterminación. Todas as forzas políticas e sociais consideradas democráticas debemos esixirlle ao Estado e ao goberno español que respecten a consulta democrática convocada para o 9 de novembro en Cataluña. Non valen escusas nin mirar para outro lado, non é tempo de titubeos nin declaracións a medias,... 

Todo o noso apoio a Escocia e á súa independencia

Desde a FPG queremos mostrar o noso total apoio  ao proceso de autodeterminación que está a levar a cabo o pobo escocés.   A autodeterminación  ou libre determinación é un dereito  internacional consagrado a través da Carta das Nacións Unidas e da súa Resolución 2625(XXV) que desde entón foi avalado pola numerosa xurisprudencia e lexislación internacional aprobada no seu seo.   Escocia,... 

Autodeterminación é Democracia

Coincidindo co Día Nacional de Catalunya, a Diada, reproducimos a continuación o manifesto do que somos asinantes, lanzado desde Galiza en apoio e solidariedade co proceso democrático de autodeterminación que está a se desenvolver en Catalunya. Así mesmo, chamamos á participación na concentración de hoxe á tarde na praza da Quintana para mostrar todo o noso respaldo ao pobo catalán e ao...