Home » Movemento obreiro

Os mineiros ensínannos o camiño

No día de onte, as concas mineiras de Asturies, Aragón e León volveron vivir unha xornada histórica de loita en defensa do traballo e da sustentabilidade económica, postos en perigo polo proxecto de Orzamentos que agora está a debater o Senado. Segundo a información que transmiten as organizacións sindicais os paros nas comarcas ligadas á extracción do carbón rozou o 100%, algo que... 

O deserto da soberanía: rescates bancarios e miseria social

A situación de emerxencia nacional que vive a nación galega, polo seu enteiro, atravesada profundamente pola crise sistémica que o conxunto da economía planetaria está a vivir como unha conmoción, mesmo alí onde se entretecía un sistema de “benestar” izado sobre as e os desposuídos da Terra, está a se agravar diante das últimas decisións políticas que o Goberno central está a adoptar... 
Etiquetas: , , ,

Fronte á represión sindical no Metal

Desde a FPG desexamos comunicar a nosa solidariedade cos dirixentes sindicais do Metal que están a ser xulgados estes días, nunha manobra política de criminalización e represión da loita obreira e do libre exercicio de folga. Transmitimos o noso rexeitamento á condena de prisión para Antolín Alcántara, secretario de Negociación Colectiva da CIG e para Ramón Sarmiento, responsable... 

A Conferencia Nacional ante o proceso constituínte dun novo referente político

O pasado sábado 12 de maio tivo lugar en Redondela unha Conferencia Nacional da Frente Popular Galega na que saíu reforzada a aposta pola construción dun novo referente político amplo en defensa dos interes das clases populares galegas. A nosa militancia recoñeceu a validez da proposta dos grupos comarcais e locais de base arredor do que se vén chamando “Novo Proxecto Común”... 

O futuro do socialismo en Galiza e no mundo

A partir de mañá mércores terán lugar na cidade de Vigo as primeiras xornadas comunistas organizadas pola nosa formación xunto ao colectivo de mocidade ADIANTE. Para esta primeira edición, a temática de fondo das palestras será o futuro do socialismo, tanto a niven nacional como global. O mércores 9 de maio ás 18:30 abrirá as xornadas a secretaria de organización de ADIANTE, Laura Sousa,... 

Voceiro da FPG no 1º de Maio

Con motivo do 1º de Maio, a FPG edita un voceiro propio que será repartido nas mobilizacións das centrais sindicais nacionais  e de clase. Agardamos que sexa de interese e contribúa a crear as condicións, como titula a capa, dunha “mobilización sostida e integradora”. Podedes descargalo nesta ligazón, ademais de dispoñer del directamente en formato de fácil lectura:  Read More →

Comezamos unha mobilización sostida

O pasado 29 de Marzo, as e os activistas da FPG fomos parte do que debe converterse nunha resistencia sostida no tempo e firme en principios. Non albiscamos outro futuro posible para as clases traballadoras galegas diante da ofensiva constante do sistema en crise. Estivemos nos preparativos previos, distribuíndo o material de propaganda, facendo palestras e asembleas coa veciñanza e nos centros... 

Comportármonos á altura dos tempos e do pobo

Deben ser días estes de traballo incansable e axitación permanente de rúa para todo o activismo da esquerda transformadora galega. Reclámao o momento histórico no que nos atopamos. Nunca nas últimas tres décadas a regresión de dereitos atinxiu a tantos intereses diferenciados nas clases subalternas. Na FPG, cuxa militancia integra activamente as bases das dúas centrais sindicais nacionais,... 
Etiquetas: , ,

Boletín informativo arredor da folga xeral

Con motivo da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo, as organizacións CN de Marín, FOGA, PCPG e FPG veñen de tirar un boletín informativo chamando a secundar activamente esta xornada de loita e mobilización nas rúas. O boletín preséntanos un cadro sintético do que a reforma laboral virá significar, no que queda ás claras a grave desprotección das clases populares nesta nova... 
Etiquetas: , ,

Perante a convocatoria de Folga Xeral o 29 de Marzo

O pasado 10 de Febreiro o Goberno do PP aprobaba por decreto a reforma laboral máis agresiva desde a fin do réxime franquista. Un recorte de dereitos á clase traballadora que, continuando a rota iniciada polo Goberno de Zapatero, supón un salto de grande magnitude cara unha situación de desequilibrio total nas relacións laborais, deixando ás persoas traballadoras en situación de desprotección...