Inicio » Internacional

Acto homenaxe a Hugo Chávez en Vigo

  Dentro da campaña mundial “Por aquí pasou e no pobo ficou”, as organizacións e colectivos asinantes deste manifesto queremos facer público o noso recoñecemento e respeito a quen foi Presidente da República Bolivariana de Venezuela, e Comandante da “Revolución Bolivariana”, o compañeiro Hugo Rafael Chávez Frías cando se cumpre o Primeiro Cabodano do seu finamento. Con Chávez... 

A Frente Popular Galega coa independencia de Cataluña

A loita do pobo catalán pola súa liberación nacional é un movemento con fondas raiceiras históricas que principia a súa andaina moderna no século XIX, co federalismo republicano de Pi i Margall, para asumir progresivamente diferentes carautas: desde o rexionalismo de Cambó, ata o independentismo declarado de Maciá, Companys e Tarradellas durante a II República española, até incluír na... 

Sobre a ameaza de agresión imperialista en Siria

Unha vez máis os Estados Unidos e os seus aliados europeos da OTAN, encabezados polos gobernos británico e francés, eríxense en xuíces mundiais quebrantando toda a legalidade internacional. Unha vez máis os medios de comunicación emprenden unha dura campaña con acusacións que recordan ás mentiras ou medias verdades de invasións e bombardeos de outros países e pobos sometidos a conflitos... 
Etiquetas: , ,

Acto político con Herrira en Vigo

Este xoves celebraremos un acto político internacional coa Plataforma vasca Herrira en Vigo. Herrira é unha entidade que loita polos dereitos civís das persoas presas e, en especial, polo retorno en liberdade aos seus fogares en Euskal Herria das persoas exiliadas . Como organización internacionalista e solidadaria que somos, desde a FPG queremos dar a coñecer o importante traballo político... 

A FPG coa revolta popular de Turquía

Despois de que os movementos populares da chamada Primavera Árabe foran usurpados, en Exipto e Túnez, por un islamismo político que pretende pór en práctica a máxima de Lampedusa -cambialo todo para que todo siga igual-, o que sabemos do acontecido en Turquía nestes días, as imaxes con lume nas rúas e bandeiras vermellas, amosan a vontade da clase traballadora turca organizada de non se someter... 
Etiquetas:

Co pobo soberano

Desde a Frente Popular Galega saúdamos con ledicia a nova vitoria do pobo de Venezuela, que elixiu a Nicolás Maduro como presidente para dar continuidade e así afondar na Revolución Bolivariana iniciada por Hugo Chávez; vangarda dos movementos que camiñan cara o Socialismo e a emancipación nacional que se están a dar en moitos países de Latinoamérica. Materialización dunha fenda de esperanza... 
Etiquetas:

Condolencias da FPG polo falecemento do camarada Presidente Hugo Chávez

Desde a Frente Popular Galega, como partido comunista, independentista e internacionalista ligado intimamente á loita das clases traballadoras de Galiza e do mundo, queremos transmitir á República Bolivariana de Venezuela e a todo o pobo traballador venezolano o noso pesar e a nosa solidariedade e apoio polo pasamento do Comandante e Presidente Hugo Chávez Frías. Queremos transmitir unha aperta... 
Etiquetas: ,

Os mineiros ensínannos o camiño

No día de onte, as concas mineiras de Asturies, Aragón e León volveron vivir unha xornada histórica de loita en defensa do traballo e da sustentabilidade económica, postos en perigo polo proxecto de Orzamentos que agora está a debater o Senado. Segundo a información que transmiten as organizacións sindicais os paros nas comarcas ligadas á extracción do carbón rozou o 100%, algo que ... 

A FPG participou na mobilización histórica da esquerda abertzale

Este pasado 7 de Xaneiro unha delegación da Frente Popular Galega estivo presente como convidada na histórica mobilización convocada por Egin Dezagun Bidea en Bilbo baixo a lenda Kolosala Izango Da. Máis de 110.000 manifestantes, nun xesto de solidariedade sen precedentes -segundo nos comentaron os e as compañeiras da esquerda abertzale-, reclamaron que se respecten os dereitos fundamentais das... 

Libia, novo embate colonial

Non oímos dicir nada estes días sobre que Libia é a nación africana co nivel de vida máis alto. Tampouco oímos dicir nada arredor do seu Produto Interior Bruto nominal per cápita, o máis elevado do continente. Absolutamente nada sobre ser o estado africano coa esperanza de vida máis alta. Desgrazadamente, non escoitamos que na República Libia Árabe e Socialista a banca, os máis importantes... 
Etiquetas: ,