Inicio » Solidariedade

Lingua, cultura, política.

Lingua, cultura, política. Ferrín na Academia. Nos 25 anos de historia da Frente Popular Galega, especialmente a partir dos últimos relanzos do século XX, resultou con frecuencia moi chamativo o contraste entre o escaso eco electoral das súas concorrencias ás eleccións (agás o caso senlleiro de Cangas) e o poderoso impacto ideolóxico do seu discurso político, por unha banda, e o prestixioso... 
Etiquetas: , , ,

Condolencias da FPG polo falecemento do camarada Presidente Hugo Chávez

Desde a Frente Popular Galega, como partido comunista, independentista e internacionalista ligado intimamente á loita das clases traballadoras de Galiza e do mundo, queremos transmitir á República Bolivariana de Venezuela e a todo o pobo traballador venezolano o noso pesar e a nosa solidariedade e apoio polo pasamento do Comandante e Presidente Hugo Chávez Frías. Queremos transmitir unha aperta... 
Etiquetas: ,

Fronte á represión sindical no Metal

Desde a FPG desexamos comunicar a nosa solidariedade cos dirixentes sindicais do Metal que están a ser xulgados estes días, nunha manobra política de criminalización e represión da loita obreira e do libre exercicio de folga. Transmitimos o noso rexeitamento á condena de prisión para Antolín Alcántara, secretario de Negociación Colectiva da CIG e para Ramón Sarmiento, responsable comarcal... 

50 aniversario da da 2ª Declaración da Habana

En 1962 co obxectivo de illar a Cuba, aprobouse na Oitava Reunión de Consulta de Cancilleres da OEA, celebrada en Uruguay, a exclusión de Cuba da OEA co argumento de que o socialismo era incompatíbel co sistema americano. O 4 de febreiro de 1962 como resposta a esta decisión da OEA, ás presións de EEUU e a unha campaña internacional en contra de Cuba, Fidel Castro pronunciou un discurso... 

A FPG condena a prohibición de actos do Día da Patria en Compostela

Conde Roa e o PP volven mostrar o seu rostro inquisitorial ao prohibir algúns actos do Día da Patria de Causa Galiza e da organización Briga. O PP equivócase se pensa que pode prohibir e vetar espazos públicos para o asociacionismo e colectivos da esquerda soberanista. O Día da Patria Galega, data asentada desde principios do século pasado, xa ten superado obstáculos maiores que o do aprendiz... 
Etiquetas:

Concentración solidaria en Vigo pola liberdade de Otegi

O vindeiro martes, terza feira 5 de xullo, as amigas e amigos de Euskal Herria en Galiza realizaremos unha concentración solidaria en Vigo esixindo a absolución e liberdade para Arnaldo Otegi e o conxunto de militantes da esquerda abertzale procesad@s no denominado caso Bateragune. A concentración, que coincidirá con outras levadas a cabo en distintos países, terá como lema NON AOS XUÍZOS POLÍTICOS,... 

NORABOA BILDU!

A confirmación estes días da legalidade de Bildu polo Tribunal Constitucional español, rectificando deste xeito ao seu Tribunal Supremo, é unha testemuña máis do carácter político do conflito vasco así como tamén do labirinto no que está enredado o Estado español. Como xa temos manifestado noutras ocasións, desde a FPG cremos que a aposta realizada pola esquerda abertzale sen dúbida dará... 
Etiquetas:

Non ao ataque imperialista en Libia!

Perante a invasión de Libia por parte das potencias imperialistas, o Comité Central da Frente Popular Galega quere manifestar o seguinte: a) A decisión de invadir Libia é consecuencia da situación de crise enerxética dos Estados e das corporacións supraestatais capitalistas na súa fase imperialista terminal e desesperada. O país norte-africano é un dos maiores produtores de petróleo e, desde... 
Etiquetas: ,

Declaración da FPG pola normalización política en Euskal Herria

O C.C. da Frente Popular Galega (FPG), a través do presente comunicado, expresa o seu total apoio tanto á normalización política de Euskal Herria como á plena capacidade de asociación política concretada no recoñecemento e a legalización da Esquerda Abertzale en base aos seguintes argumentos democráticos: 1.- Os estatutos do novo partido político presentados pola Esquerda Abertzale observan... 
Etiquetas: