Inicio » Nacional, Defensa da Terra, Movementos sociais » A veciñanza do Irixo fronte á incineradora

A veciñanza do Irixo fronte á incineradora

O proxecto da Xunta de autorizar a construcción dunha planta icineradora no municipio ourensán do Irixo coa complicidade do alcalde de dita localidade é unha mostra máis da xestión medioambiental do goberno de Feijóo, baseada nos rendementos a curto prazo e na rede caciquil de favores. Estes gobernantes chantaxean con promesas de creación de emprego obviando deliberadamente que esta instalación, entre outros efectos, xera contaminación no aire, no solo e nas augas, dana a saúde da veciñanza e dilapida orzamentos púbicos, que ben se podían adicar á redución en orixe ou ao fomento da reutilización e reciclaxe.

En realidade, as incineradoras empeoran os problemas que pretenden resolver, pois en vez de limitar o crecemento do lixo incitan á produción de residuos para alimentar os seus fornos. Este paradoxo adquire certa gravidade cando sabemos que máis do 90% dos refugallos queimados son reciclables.

Na FPG, movidos polo respecto á Terra, apostamos pola recollida selectiva e reciclaxe do lixo baseándonos nas experiencias e informes que promoven programas como o “porta a porta”, que se vén levando a cabo nalgúns concellos do Estado e que se basea en dúas sinxelas ideas:
1º) O  obxetivo é conseguir a participación xeralizada na separación dos residuos en orixe (fogares, comercios, etc.). Deste xeito, recollerase máis cantidade de residuos valorizables e reducirase a cantidade que se destina a depósitos controlados ou a outras instalacións de tratamiento finalista.

2º) Para alcanzar este obxetivo debe facilitarse ao máximo o achegamento á veciñanza da necesidade de recollida selectiva. Entre as medidas efectivas está o servizo de búsqueda de lixo na porta, en días e horarios adecuados ás necesidades de cada barrio e tipoloxía de usuario ou o subministro de material e ferramentas para a separación de forma cómoda (cubos para a materia orgánica, bolsas compostables, folletos informativos, tarxetas para recordar os horarios de recollida, etc.)

Políticas de xestión de lixo como a “porta a porta” demóstrannos que temos solucións ao noso alcance alternativas ao modelo Sogama. Se as institucións quixesen apostar realmente por unha Galiza sustentable, comezarían por escoitar ás galegas e aos galegos que están a berrar “NON Á INCINERADORA NO IRIXO” grazas ao traballo de mobilización das plataformas e asociacións que loitan por non vender o noso futuro.