Inicio » Nacional, Movemento obreiro, Movementos sociais » Palestra en Marín sobre os recortes en sanidade e servizos sociais

Palestra en Marín sobre os recortes en sanidade e servizos sociais

O vindeiro xoves 2 de febreiro, o Colectivo Nacionalista de Marín e a Frente Popular Galega de Pontevedra organizamos unha palestra sobre a actual ofensiva de recortes na sanidade e os servizos sociais.

Perante o brutal ataque da oligarquía española contra as conquistas da clase traballadora desde as nosas respectivas organizacións cremos que é o momento de sumar forzas para a mobilización. A loita segue sendo o único camiño tamén nas terras de Pontevedra, Morrazo, Salnés e Caldas onde os efectos desta mal chamada “crise” están golpeando ás traballadoras e traballadores con especial virulencia e onde nas nosas vilas e parroquias as organizacións políticas da esquerda semellan máis ben avestruces acañadas cando non son cómplices da dereita e das súas políticas de exterminio.

Estades, pois, todos e todas convidadas á palestra na que falarán Xiana López e Diego Leal así como a achegar as vosas ideas e propostas. O acto terá lugar na biblioteca de Marín ás 20h00.