Inicio » Comarcal, Compostela » [Compostela] Un ataque máis do goberno municipal contra o tecido asociativo

[Compostela] Un ataque máis do goberno municipal contra o tecido asociativo

Na vindeira sesión do Pleno Municipal este goberno municipal pretende aprobar a “Ordenanza Reguladora de Actividades, Instalación e Ocupacións da Vía Pública” pola que se impedirá a realización de calquera tipo de actividade que a cidadanía deste concello, así como asociacións e colectivos, pretendan levar a cabo, mediante a imposición taxas e avais abusivos.

Aínda que esta normativa non está aprobada, o Concello pretende aplicala ilegalmente. Así, a semana pasada, foron o Cineclube Compostela e a Rede Feminista informad*s de que para levar a cabo un ciclo de cinema na rúa deberían pagar 400€ por sesión en concepto de taxa, a parte logo de avais, da toma de luz e consumo da mesma, sen en ningún momento ser informad*s en concepto de que ordenanza (claro está pola dificultade de aplicar unha ordenanza aínda non aprobada).

Ante estes feitos, veciñas/os deste concello a título persoal así como diversos colectivos desta cidade mantivemos unha xuntanza para amosar o noso frontal rexeitamento a unha norma antisocial e represiva, que pretende limitar as actividades nas rúas desta cidade que veñen levando a cabo o nutrido tecido asociativo compostelá, “mediante á imposición de requisitos burocrático e económicos arbitrarios, absurdos e inxustos, e penalizando e controlando, en definitiva, a cultura social”.

Na xuntanza do pasado luns elaborouse un documento para que os cidadáns e cidadáns presenten por rexistro e fagan constar o seu rexeitamento a esta nova normativa, que será entregado o mesmo xoves 31 de maio ás 12.00 no Rexistro municipal. Pódese descargar o documento aquí.

As veciñas e colectivos de Compostela convocan tamén unha cazolada para o xoves 31 de maio ás 17.00 na praza do Toural, mentres é debatido no pleno municipal a ordenanza contra as agresións fascistas deste goberno e para reivindicar que a rúa é nosa, das veciñas e veciños desta cidade.

Dende a Asamblea de Compostela da FPG facemos un chamanento para que todas as persoas que habitamos nesta cidade participen de todas as iniciativas de rexeitamento ante as agresións municipais, e amosamos todo o noso apoio ao Cineclube Compostela e a Rede Feminista Galega, como colectivos pioneiros en seren aplicada unha norma aínda non aprobada.

Este 31 de maio, todas a rúa!!!!!

A Rúa é Nosa!!!!!!

Etiquetas: , ,