Inicio » Movemento obreiro, Movemento xuvenil, Solidariedade » STOP REPRESIÓN!

STOP REPRESIÓN!

stoprepresion_fpg
Na xornada de hoxe, 7 de abril de 2014, as forzas represivas do Estado español volveron imporse, á marxe de calquera garantía democrática, sobre a mocidade consciente e traballadora do noso país. Unha vez máis, constatamos con estes feitos o contexto de ofensiva armada por parte do Estado español e de criminalización ideolóxica de toda proposta anticapitalista que estamos a padecer. A liberdade de pensamento e a necesaria resposta crítica perante proxectos de lei nacionalcatólicos, como o da reforma do aborto, ou propios dun Estado policial, como o de Seguridade Cidadá, están sendo censurados e condenados por parte dun Estado que se di democrático e que se di tamén social, mentres concentra os seus esforzos en privatizar todo espazo de servizo público e, ao mesmo tempo, en engrosar as filas das súas forzas represivas, mesmo que sexa pola vía da (in)seguridade privada.
Desde a Frente Popular Galega, condenamos a actuación fascista do Ministerio do Interior español e, nomeadamente, da Delegación do Goberno, dirixida por Samuel Juárez, inimigo de Galiza. Amosamos, ao mesmo tempo, o noso apoio, lealdade e solidariedade inquebrantábel coas persoas que hoxe foron inxustamente presas, privadas da súa liberdade para continuar pensando, para continuar traballando por unha Galiza ceibe e socialista.