Inicio » Nacional » Comunismo independentista e Suxeito Nacional de Ruptura.

Comunismo independentista e Suxeito Nacional de Ruptura.

Posicionamento  da FPG sobre a conxuntura política e
apoio á Dirección de En Marea da candidatura <<Máis Alá!>>

O noso Partido, pese a todos os pasos que nos quedan por dar na
construción do Suxeito Galego de Ruptura, mostra unha cauta
satisfacción e ledicia por todo o avance que supón  
o artellamento  efectivo de En Marea como
organización e suxeito político que se está comezando a edificar,

satisfación e avance que non só trasladamos ao plano formal, senón
que nos parabenizamos pola construción dun carril central integrador e
popular no cal xentes, activistas e militantes de procedencias e
tradicións moi distintas foron capaces de abandonar os nefastos
anhelos identiarios, corporativistas e de parte para armar o Común.
Este común sen dúbida esta representado na candidatura <<Máis Alá!>>,
á que este Partido amosa todo o seu apoio e respaldo e chama a votar.

Apoio que non se reflicte só no apoio explícito, senón tamén na participación
activa de varias camaradas en dita candidatura.
Pero o apoio das nosas camaradas é tan só tanxencial á potencia desta

lista, que se reflicte na composición plural no ideolóxico,
orgánico e territorial que esta lista presenta, así como na
participación do noso Voceiro Nacional de Anova Xosé Manuel Beiras, e
do noso candidato á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea, Luis
Villares.

Alén da nosa posición sobre o proceso concreto da elección do Consello
e da Coordinara da Marea Galega, este Partido quere facer humildemente
varias apreciacións que agardemos que axuden ao debate de ideas para a
elaboración do Suxeito Galego de Ruptura.

1) Apoiamos a construción dende a base da organización, a creación de
estructuras territoriais e sectoriais no conxunto de Galicia que aglutinen
á diversidade do movemento independentemente das súas lexitimas militancias
preexistentes en espazos políticos e/ou sociais diversos, avanzando paseniño
na construcción en Común, dese suxeito mestizo, como a nosa clase.

2) Apoiamos que esta construción se dé en paralelo e sobre a base de
debates políticos reais: polo repensamento, reartellamento e
refundación da Loita Cultural en base a unha outra lectura das nosas
letras e da nosa lingua que se adapte á realidade sociolóxica da
Galicia do S. XXI e da Loita Sindical ou Económica, que supere os
vellos esquemas tradeunionistas e que se adapte á composición actual do

proletariado, que fuxa de corporativismos e subalternizacións.

3) Consideramos fundamental que a loita feminista empape o conxunto do
noso movemento de forma transversal, artellando espacios de discusións
propios para as mulleres, así como mecanismos que axudan a paliar a
discriminación no seo da política e da sociedade. Ter un debate
efectivo sobre a realidade do campo da loita feminista e efectivizar
mecanismos de participación nos mesmos dende o seo de En Marea.

4) Defensa de todos os gobernos populares e democráticos sometidos ao
acoso do Réxime mediante os seus brazos políticos, mediáticos e
xudiciais. Apoio e respaldo absoluto aos gobernos da Marea Atlántica,
Compostela Aberta, Ferrol en Común, Teo, Cangas, Val do Dubra, A Pobra,
Sada, Manzaneda, Mugardos, Vimianzo, Salceda, Mondariz, Oleiros etc.

5) Como Movemento e Organización interxeracional, En Marea debe
comprometerse a tratar as diferentes necesidades e problemáticas de
cada franxa de idade, en especial das mais vulnerables, como é a
mocidade con taxas moi preocupantes de desemprego, pobreza,
desestructuración, imposibilidades emancipatorias e emigración.

6) Traballaremos para a implementación real da cuestión nacional,
fuxindo tanto do repregamento conservador da unidade do nacionalismo
como de posicionamentos vagos ou abstractos sobre os nosos dereitos
democráticos e políticos inalienables como Nación e como Pobo.

Pola República Galega de Manoel Antonio, pola construción en común da
emancipación da causa da humanidade que é o Comunismo: MÁIS ALÁ!

Comité Cetral da FPG, Galicia 2017, centenario da Revolución.