Inicio » Internacional, Formación » “Solidariedade”, un sindicato patronal que destruiu á clase obreira polaca.

“Solidariedade”, un sindicato patronal que destruiu á clase obreira polaca.

Hai 25 anos, o alto clero católico de Polonia conseguía aglutinar aos diversos sectores da oposición anticomunista encol dun grupo de sindicalistas para establecer una liña de ataque frontal ao Estado da Polonia popular. O socialismo conseguira consolidar o seu poder en base a outro sector heteroxéneo da poboación: a intelectualidade xudea supervivinte da agresión alemana, o campesiñado beneficiado pola reforma agraria, os poucos comunistas e socialistas de esquerda que non foran asasinados polos alemáns, os sectores obreiros influenciados polo Partido Comunista e incluso un sector católico popular e progresista leal ao rexime popular.

O que aparentemente era un sindicato obreiro que reclamaba melloras sociais lexítimas e que organizaba folgas, en realidade era outra cousa. Os intelectuais laicos (algúns membros da liña de dereitas do partido no poder chamado Partido Obreiro Unificado de Polonia –POUP) e sobre todo católicos ao servizo da hierarquía eclesiástica que foron o cerebro da operación acertaron poñendo formalmente á fronte dese seudosindicato un electricista, pai de familia numerosa, devoto católico, submiso perante as ordes eclesiásticas e con dotes de demagogo. Este electricista representaba socialmente aos sectores labregos dominados pola ideoloxía católica que se proletarizaran como consecuencia do vigoroso desenrolo industrial impulsado polo POUP trala guerra. O seu pai foi un pequeno propietario agrícola e o seu avó un soldado das tropas do caudillo nacionalista e ditador reaccionario Pilsudksi que sempre foi o modelo político do electricista en cuestión, de apelido Walesa.

Xogando habilmente cos erros e incapacidades do gobierno comunista, co seu burocratismo e coa ausencia de sólida formación política dos obreiros e labregos, esta estrutura logrou afiliar a 10 millóns de traballadores en 1980 e desestabilizar ao réxime popular coas súas folgas e bullas nas rúas. Unha vez que quedou claro que os intereses materiais das masas populares non eran máis que unha excusa para liquidar o poder popular e devolver as terras e bens á Igrexa e á antiga burguesía, nove millóns de persoas se desafiliaron e se desentenderon do grupo chamado Solidariedade.

Encol da contrarrevolución en Polonia aglutinouse unha alianza de forzas poderosas que incluía todas as axencias das administracións norteamericana do Reagan e británica da Thatcher, os monopolios privados norteamericanos, o Vaticano de Xoan Paulo II, a segunda internacional e os sindicatos libres. Estas forzas enviaron á súa “criatura” Solidariedade enormes sumas de diñeiro e todo tipo de equipamento alén de instrucións técnicas e orientacións políticas.

Pero o socialismo resistiu con éxito. Un Comité de Salvación Nacional puso fora de combate dende Decembro de 1981 aos núcleos de anticomunistas profesionais. A situación estabilizouse e Solidariedade foi abandoada polos seus afiliados. Polonia seguíu sendo socialista e tivérao seguido sendo de non ser pola famosa perestroika gorbachoviana. Como sinala o filósofo polaco Adam Schaff, Solidariedade nunca conquistou o poder, senón que foi a camarilla moscovita de Gorbachov a que obrigou ao POUP llo entregar xentilmente en 1989.

Dende o Goberno, a vella burguesia clerical polaca, reforzada por comunistas arrepentidos coma Jacek Kuron, liquidou a economía socialista, privatizou as empresas públicas e vendeunas a prezo de ganga ao capital estranxeiro, enviou ao paro á maioría dos obreiros industriais e fixo de Polonia un peón fidel do imperialismo norteamericano que colabora coa ocupación de Iraq.

A Igrexa Católica recuperou enormes bens e terras, fíxose co control da educación, conseguíu privilexios políticos e liquidou dereitos das mulleres.

Para os novos ricos e para a vella burguesía expropiada, para os bispos e para os banqueiros norteamericanos Polonia é un país exemplar. Para a maioría popular Polonia é un lugar no que non se pode vivir e a única alternativa para fuxir da pobreza é a emigración.

25 anos despois, onde está a “revolución” de “verdadeiro socialismo” que nos prometían as correntes trotskistas e socialdemócratas que apoiaron con entusiasmo ao grupo de Walesa?

 

José Antonio Egido.