Inicio » Euskal Herria, Internacional » Campaña internacional pola liberdade de Arnaldo Otegi

Campaña internacional pola liberdade de Arnaldo Otegi

As persoas abaixo asinantes, a título individual ou en representación das súas respectivas organizacións, queremos expresar ao Presidente do Goberno español, Sr. Rodríguez Zapatero, e á opinión pública en xeral o seguinte:

Entendemos que o Sr. Arnaldo Otegi é recoñecido como un líder polo seu Pobo, non só polo amplo sector social ao que politicamente representa, senón pola maioría da cidadanía vasca tal e como, segundo o noso parecer, ficou patente na manifestación, realizada o 17 de outubro de 2009, de rexeitamento á súa detención, xunto á doutros compañeiros, tanto polo número de organizacións convocantes (sindicais, sociais e políticas), como pola amplitude da asistencia, moitas decenas de milleiros de persoas, representando a todo o espectro democrático da sociedade vasca.Semellante recoñecemento, consideramos que ten na contorna internacional.

O Sr. Arnaldo Otegi vén loitando dende hai moitos anos pola procura dunha solución democrática, a través de vías políticas, ás lexítimas aspiracións do seu Pobo. Esta aposta súa polas vías políticas, foi reiteradamente recoñecida por representantes das institucións do Estado Español, incluíndo ao Presidente do Goberno, así como por sectores mediáticos vinculados ao partido no poder, tal como é o caso do grupo Prisa e de maneira sobranceira o seu xornal “El País”.

Consideramos que o mantemento do Sr. Arnaldo Otegi na cadea, supón obxectivamente privar ao Pobo Vasco, nun intre histórico de grande transcendencia como o que hoxe está a vivir, dun dos seus principais líderes e, xa que logo, dunha das persoas que poden achegar máis para que ese proceso histórico ao que nos estamos a referir, avance dun xeito xusto e firme.

É por todo isto que solicitamos, sabemos que iso é perfectamente posíbel tal e como se demostrou en numerosas ocasións, que o Sr. Arnaldo Otegi sexa posto en liberdade. Cremos que unha actitude contraria, poría de manifesto unha falla de vontade na recondución política do chamado “Conflito Vasco”.

Bos Aires, Agosto de 2010

Adolfo Pérez Esquivel, Premio Nobel da Paz;

Xosé Manuel Beiras, ex Voceiro Nacional do BNG;

Xosé Luis Méndez Ferrín, escritor;

Liliana Parada, arxentina – galega Deputada Nacional (Proxecto Sur);

Nora Cortiñas, arxentina – galega, fundadora de Nais de Praza de Maio;

Mariano Abalo, Secretario Xeral da FPG;

Anxo Pérez Carballo, Membro do Secretariado Confederal da CIG;

Ricardo Castro, Secretario Xeral da CUT;

Gustavo Luca de Tena, xornalista xubilado;

Lois Pérez Leira, Secretario Xeral de Nova Esquerda Socialista;

Dionisio Pereira, historiador;

Miguel Anxo Abraira, dirección nacional do Movemento pola Base;

Darío Xohan Cabana, escritor;

Anxo Angueira, escritor;

Etelvino Blanco, secretario comarcal da CIG Ourense;

Redes Escarlata;

Xose Manuel Graña, Presidente de Nova Esquerda Socialista;

Esquerda Anticapitalista de Galicia;

Manuel Camaño Fandiño, Executiva da CUT;

Maruchi Alvarez Concelleira de ACE;

Xan Carballo, militante da CUT;

Xosé Manuel García Crego, editor;

Antonio José Arruti Baqueiro, Brasileiro-galego Coordenador Xeral do Movemento de Liberación dos Sem Terra (Brasil) integrante da corrente do PT Brasil Socialista;

Graciela Adriana Alba Burgos, militante da CIG;

Luis Fernández, Secretario da Federación de Sociedades Galegas da Arxentina;

Gustavo Garcia (Avogado) Fundación Galega contra a Impunidade;

Luis Piña, Colectivo Vigués pola Memoria Historica do 36:

José Miguel “Pucho” Gómez Millán (militante da memoria do 36);

Manuel Vázquez, Poeta;

Liliam Pompey, Avogada;

Gustavo Maradini, avogado;

Juan José Fernández Ageitos, Nova Esquerda Socisalista –Arxentina;

Manuel Vilaboa, militante comunista;

Guillermo Somoza, director de teatro;

Ana Cristina Juncal Blanco, comercial;

Xabier Cordal, escritor e profesor;

Manuel Vidal Villaverde, escritor, poeta e xornalista;

Uxío Breogán Diéguez Cequiel, historiador, director da Revista de Historia “Murguía”;

Celso X. López-Pazos, Profesor de Secundaria;

Gonzalo Amoedo López, funcionario e investigador;

Rubén Afonso Lobato, funcionario;

María do Tránsito Fernández, sindicalista da CIG;

Bernardo Máiz Vázquez, Historiador;

Xosé Antón Laxe Martiñán, Redes Escarlata;

Mª Victoria Juncal Blanco, Graduado Social;

David Pérez Ramos, Corrente Vermella;

Rogelio Veiga Lago, Executiva Comarcal do Metal Vigo;

Xosé Chacón Benítez, Productor artístico;

Manuel González Cruces, Productor artístico;

Fernando Vilaboa Martínez, editor.

Internacionais:

Adolfo Perrez Esquivel, premio nobel da Paz.

Nora de Cortiñas, Madres de plaza de mayo-Linea fundadora.

Carlos Slepoy, avogado especializado en dereitos humanos.

Ana Tarrago do Frente Amplio de Uruguay (Partido Socialista)

Emily Blais Alemany Miah, Coordinadora da Comisión Internacional del Movimiento Independentista Nacional Hostosiano (M.I.N.H.), Puerto Rico

Carlos Fonseca do F.S.L.N. (Frente Sandinista de Liberación Nacional), Nicaragua.

Reynaldo Vidaurre, da Juventud Sandinista, Nicaragua.

Patricio Etchegaray, Secretario Xeral do Partido Comunista de Argentina.

Jorge Alberto Kreyness responsable de relacións internacionais do Partido Comunista de Argentina.

Jorge Arkos, Secretario de relacións internacionais do Frente Grande de Argentina.

Blanca Flor Bonilla cidadá salvadoreña, Frente Farabundo Marti de Liberación Nacional (F.M.L.N.)

Jorge Schafik Handal cidadán salvadoreño do FMLN

Rafael Uzcategui, Membro do secretariado Patria Para Todos (P.P.T.), Venezuela

Eduardo Oviedo da Dirección nacional do P.P.T., Venezuela

Luis Villacis, Director Nacional de M.P.D. (Movimiento Popular Democrático de Ecuador)

Oswaldo Palacios, Voceiro Nacional do Partido Comunista Marxista Leninista de Ecuador.

Eliana García Laguna, membro do Partido de la Revolución Democrática (P.R.D.), México.

Jose Manuel Oropeza Morales, membro do Partido de la Revolución Democrática (P.R.D.), México

Angeles Correa, membro do Partido de la Revolución Democrática (P.R.D.), México

Monica Chilodran, secretaria xeral do MIR, Chile.

Carolina Herrera, encargada rexional do MIR, Chile.

Jamil Murad vereador da Cidade de Sao Paulo, Parlantino. Partido Comunista do Brasil.

Ricardo Abreu, Secretario de Relacións internacionais do Partido Comunista do Brasil.

Hector Nuila Ericastilla, secretario xeral de U.R.N.G. (Unidad Revolucionaria Nacional Gutemalteca) e deputado do congreso da República Guatemalteca.

Etiquetas: ,