Inicio » Municipais 2011, Cangas 2011 » Acto central da Alternativa Canguesa de Esquerdas

Acto central da Alternativa Canguesa de Esquerdas

Mañá xoves 19 de maio, a Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE) realizará o Mitin Central desta campaña das municipais 2011. Será no Auditorio Municipal de Cangas ás 20:30h. Alén de varias persoas integrantes da candidatura, contarase con dous convidados de excepción: Xosé Luis Méndez Ferrín e máis Anxo García Seoane, alcalde de Oleiros durante máis de 20 anos.

Xa na recta final lembrámosvos tamén que ao día seguinte, o venres 20 de maio, celebrarase unha festa fin de campaña na Alameda Vella de Cangas a partir das 20:30h.

REBÉLATE! CANGAS É DE TOD@S!

Etiquetas: ,