Inicio » Nacional, Municipais 2011, Estatais 2011 » A FPG prosegue coa campaña perante o 20N

A FPG prosegue coa campaña perante o 20N

Na recta final da campaña electoral, na FPG continuamos a difundir a nosa mensaxe perante as vindeiras eleccións ás Cortes Xerais do Estado español.

Aínda que a nosa formación non vaia estar presente nos colexios electorais o domingo, como suxeito político activo do noso pobo, non consideramos oportuno permanecer calad@s perante a ficción lexitimadora da democracia burguesa.

Durante esta campaña electoral, nas diferentes comarcas do noso País, estamos a desenvolver unha modesta campaña cuxo eixo principal é a visibilización do bipartidismo como farsa. Coidamos que o futuro do pobo traballador galego está moi lonxe de decidirse o vindeiro 20N pois os seus intereses non van ser defendidos por ningunha das siglas que acapara os titulares nos medios. PSOE e PP van continuar inexorabelmente co seu plano de axuste neoliberal e toda a  violencia que suscita sobre as clases populares galegas.

Ao noso xuízo, son tempos de confrontación de clase pura nos diferentes planos de acción política e, xa que logo, de construción de ferramentas transformadoras ao servizo do interese común,  no camiño dunha Galiza liberada e dona dos seus recursos.