Inicio » Posts tagged with "25 de Xullo"

No Día da Patria xunt@s con ANOVA-Irmandade Nacionalista

A Frente Popular Galega (FPG) perante o noso día nacional chama a todos os galegos e galegas a participar activamente no Acto Político que a recén constituída ANOVA-Irmandade Nacionalista convoca polo Día da Patria ás 13h deste 25 de xullo na praza de Mazarelos en Compostela. Xunt@s pola autodeterminación camiño da independencia! Avante pola República Galega!  Ler máis →

Tras o 25, avantarmos coa clase e coa Patria

Alén de ser o noso Día Nacional, para a esquerda galega o 25 de xullo marca o fin e o comezo do vello e do novo curso político respectivamente. Nin as ditaduras, nin o fascismo, nin o españolismo, puideron apagar o lume desta data que cristalizou a primeiros do século pasado de man dos lexítimos valedores da nosa causa nacional. Con todo, este 25 de xullo, veu acompañado da celebración simbólica... 
Etiquetas:

Vídeo do 25 de xullo de 2011

Ofrecémosvos un pequeno vídeo co resumo das intervencións realizadas no acto político da FPG do 25 de xullo de 2011, Día da Patria. [tube]_pnhwVFT2vU[/tube]  Ler máis →
Etiquetas:

Día da Patria 2011: LOITA E UNIDADE. INDEPENDENCIA E SOCIALISMO

Manifesto da Frente Popular Galega (FPG) perante o Día da Patria 2011 Ao Pobo Traballador Galego: A crise. Todo o mundo fala da crise. Unha crise que de certo veu para ficar. Os medios de comunicación empresariais, os do sistema, con donos que teñen nomes, apelidos e intereses, simplifican todo coa denominada crise. O que seguro sabemos é que, a pouco que escaravellemos tras a pesada lousa que... 
Etiquetas:

A FPG condena a prohibición de actos do Día da Patria en Compostela

Conde Roa e o PP volven mostrar o seu rostro inquisitorial ao prohibir algúns actos do Día da Patria de Causa Galiza e da organización Briga. O PP equivócase se pensa que pode prohibir e vetar espazos públicos para o asociacionismo e colectivos da esquerda soberanista. O Día da Patria Galega, data asentada desde principios do século pasado, xa ten superado obstáculos maiores que o do aprendiz... 
Etiquetas:

Crónica do 25 de xullo de 2010

Hai uns días celebramos, como vén facendo a Galiza rebelde desde hai noventa anos, un novo Día da Patria. Moito choveu desde que as Irmandades da Fala proclamaran o 25 de xullo como o noso día nacional e moitos foron eses días que tiveron de ser celebrados na clandestinidade. Aínda así, as nosas arelas de liberdade, o noso compromiso coa loita pola República Galega, lévanos a manter esta data,... 
Etiquetas:

Día da Patria 2010: ABRINDO CAMIÑOS Á REPÚBLICA GALEGA

Hai agora un ano describiamos a grandes trazos a grave situación pola que atravesaba o noso Pobo e apuntabamos por onde se debían encamiñar os procesos que puderan pór couto a esta situación. Hoxe, en 2010, a situación vese seriamente agravada dada a profundización da crise do modo de produción capitalista e das receitas que desde o Estado español se están a impor para sandar á besta ferida... 
Etiquetas:

Contra o imperialismo: República Galega

A todo o pobo traballador de Galicia: Unha vez máis, a FPG comparece perante as galegas e os galegos. Quere o noso Partido facer diferentes consideracións, na espera de que sexan tomadas en conta. Na memoria de todos está a resposta dos galegos á catástrofe marítima ocasionada polo naufraxio do “Prestige”. Todos lembramos o clamor popular e a posta en vigor das nosas mans e dos nosos... 
Etiquetas:

De FRENTE pola República Galega

Hoxe, as multitudes de Galiza mobilízanse polo dereito da Nación a se facer dona dela mesma. A FPG declara que non hai outra forma de nacionalismo galego que o independentismo. So o signo da violencia planetaria, exercida por uns EEUU que están a reducir a cinsas o Dereito e a impoñer a súa ditadura militar en todas partes, Europa ve como fracasa a utopía da súa unión. Dentro desa Europa que... 
Etiquetas: