Inicio » Posts tagged with "Galiza mártir"

Moncho Reboiras, 36 anos despois do seu asasinato

Un ano máis, o 12 de agosto queremos lembrar a memoria do camarada Xosé Ramón Reboiras Noia. Nun contexto socioeconómico e político no que os proxectos de resistencia, como a FPG, deben actualizar, procurando nas achegas que este mozo obreiro fixo ao movemento nacional-popular galego, os resortes da intelixencia colectiva á hora de poñer en correlación todas as forzas sociais e políticas... 
Etiquetas: ,

Moncho Reboiras e o nacionalismo galego

Moncho Reboiras foi un mozo que, como outros moitos, nos últimos anos do franquismo enarborou a bandeira da loita contra un sistema político que reprimía as liberdades e condenaba aos galegos a vivir sen a súa identidade. Nacido en Imo, no ano 1950, trasladouse coa súa familia a Vigo, establecéndose no barrio de Teis, no que os seus pais rexentaban o bar Noia. Alí cursou o bacharelato e enxeñería... 
Etiquetas: ,

Xosé R. Reboiras Noia

Xosé Ramón Reboiras Noia tiña 25 anos cando foi morto a tiros, en desigual combate coas forzas da Policía Armada de Franco, o 12 de agosto de 1975. Pepe Reboiras nacera en Imo, no concello de Dodro. Trasladado cos seus pais a Vigo, pasou a súa mocidade no barrio de Teis, moi cerca dos estaleiros Vulcano e Ascón. Nese mesmo barrio de tradición obreira entra en relación con X. González e outros... 
Etiquetas: ,

Alexandre Bóveda

Tal día como hoxe pasaron polas armas tras dun Consello de Guerra fraudulento a Alexandre Bóveda, no Monte da Caeira (Concello de Poio). Pouco despois da nosa derrota na Guerra Civil Española, a Irmandade Galega (órgano político que sustituiu o Partido Galeguista no exílio), con Castelao á cabeza, instituiu a data como Día dos Mártires Galegos, que nalgunhas ocasións, e cos mesmos contidos,...