Inicio » Movemento xuvenil, Día da Patria 2003 » Discurso da Mocidade da Frente Popular Galega

Discurso da Mocidade da Frente Popular Galega

En Novembro do 2002 as nosas costas foron escenario da inoperancia das Institucions, que permitiron que un acto de terrorismo ecolóxico diezmara o noso principal recurso natural e económico. Denantes o Policomander, o Casón, o Mar Exeo…

En Febreiro do 2003 os EE.UU. interveñen sen o apoio da comunidade internacional en Irak. Neste caso o precedente atopámolo na “intervención humanitaria” auspiciada pola OTAN, sen o amparo da ONU, levada a cabo en Iugoslavia no 1992.

En ámbolos casos os precedentes falan dun escenario no que o Prestige ou a Operación Xusticia Infinita non son feitos illados, fortuitos ou desinteresados, senón o resultado da operatividade do capital. A expoliación do Impero maniféstase de xeito diferente nos dous casos: no Irak as multinacionais pasan a xestionar directamente os recursos naturais, en Galicia redúcense notablemente as oportunidades económicas regulares e tradicionais de xerar ganacias.

Sen embargo existen conexiones sistemáticas, en ámbolos casos o capital establece relacións non formais cos traballadores e cos recusos. Por relacions non formais entendemos aquela xeradas pola economía sumerxida, a contratación ilegal ou precaria, a emigración, aquela que non ten en conta os dereitos humanos e o dereito internacional, e que lonxe de ser un indicador de atraso contribúe ao mantemento do capital e da súa orde mundial.

Xa que logo, as periferias se constitúen en enclaves estratéxicos para a globalización, non en van as produce e reproduce por medio da débeda externa dos chamados paises en vías de desenvolvemento, mediante a promoción de programas de axuste estructural, os préstamos do FMI, do BM… sempre pesadas cargas que recortan as prestacións sociais e xeneran a precariedade.

Dende esta perspectiva, máis que falar da inoperancia das institucións en Galicia, deberiamos falar da operatividade do Capital. O lugar do púbico xa non pasa polo sistema político formal, senon por un novo actor político cuxas prácticas xurden das acción e das actividades da persoas: das mariscadoras de Arousa, dos mariñeiros de Fisterra, das redeiras, das peixeiras, dos estudiantes, da mocidade traballadora… un tecido social que, como nunha cadea de escolares, xenera unha conectividade que o capital non é quen de reducir na Galicia, no Irak, na fronteira de Mexico cos EE. UU., na Arxentina, na Palestina…

Captura de pantalla 2014-11-30 a las 22.13.55

25 de Xullo de 2003

Discurso_mocidade_2003