Inicio » Movemento obreiro » tod@s seremos piquetes

tod@s seremos piquetes

Comunicado da FPG en relación ós compañeiros detidos na folga xeral

O pasado 19 de decembro de 2003, xulgáronse en Lugo tres sindicalistas compañeiros da FPG a raíz dos sucesos ocurridos durante o intento de peche do pub Ruada.

Estes feitos, dous leves forcexeos e unha discusión, algo que sucede normalmente nos recreos de calquera colexio, foron manipulados de tal xeito, que se deu a entender que o que pasou alí foi unha verdadeira batalla campal.

Todo isto foi utilizado pola acusación particular: O policía de ideoloxía dereitista Jesús Candal Rivas, e o “empresario exemplar de hostelería”, José Eduardo Fernández Palacios, propietario do bar Isla, e coñecido por ser condeado por impago a traballadores, tras ser denunciado polo sindicato CIG, no que militaban os tres encausados.

Tamén serveu para que a fiscalía se abrazase a este asunto coma a un agasallo caido do ceo (ou inferno, mellor dito), para pedir penas de 4 a 8 anos de prisión, máis unha indemnización superior daquela ós 9.000 euros ampliados durante o xuizo ós 300.000 euros.

O xuizo foi unha burla, producíndose ó noso entender, un abuso de dereito. Houbo casos como a petición de declaración pola fiscal de a qué sindicato estaban afiliados, saltándose o dereito constitucional de secreto de afiliación sindical, foi incluso reclamado por parte da xuiza, ou favorecer descaramente ésta, no tempo de intervención á parte acusadora.

Tamén obviou, a xuiza, tóda-las contradiccións en que caeu a parte acusadora, transcribiu as conclusións fiscais e fixo aseveracións na sentencia do tipo, e xulgade vós: “Sin embargo no se entiende como un grupo tan numeroso de personas tiene que entrar en el local para informar sobre los motivos de la huelga, como no sea para producir un efecto intimidatorio” impoñendo a súa ideoloxía á legalidade que debería acatar, ou por exemplo, para non alongarnos nos innumerables abusos, o feito de pedir a apertura de dilixencias contra os cinco testigos da defensa.

Tres anos e seis meses de prisión por delito contra “ a liberdade dos traballadores”, dous anos de prisión por delito de atentado contra axentes de autoridade, e sete meses de prisión por delito de lesións a Xosé Guillerme Rei Rouco; tres anos e seis meses de prisión por delito contra “a liberdade dos traballadores”, e un ano de prisión por delito de atentado contra axentes de autoridade a Xosé Luis Trigo Cruzado; e tres anos e seis meses de prisión por delito contra “a liberdade dos traballadores” e catro fines de semana de arresto domiciliario por agresión a Xosé Méndez Torres.

Esta sentencia, é unha clara burla represiva contra todo o movimento sindical, político e asociacionista. Porque intenta reprimir a loita obreira co fin de acadar ese sindicalismo clientelar dos sindicatos maioritarios españois e sin dúbida á aplicación da lei de folga que o PP quere aprobar. Isto é un ensañamento contra o nacionalismo de esquerdas. É unha clara evidencia de que a Patronal, “xustiza” e forzas represoras do Goberno, actúan collidas da man.

Calquera persoa que se considere de esquerdas ten que solidarizarse cos afectados, porque calquera de nós pode ser víctima de atentados terroristas deste tipo. E a solidaridade debe traducirse en apoiar e participar en tódo-los actos a favor dos acusados organizados tanto pola CIG, como por calquera outra organización solidaria, entre elas, especialmente, ó noso entender, a FPG. Pero sobretodo demostrando que comparte a súa loita, e que mañá mesmo, sexa nunha folga ou en calquera acto reivindicativo a prol da liberdade, dignidade e xustiza, de tanto persoas coma pobos oprimidos, sairemos á rúa, non acobardad@s polas posibles consecuencias, senón incentivad@s polo rexeite a éstas, a pelexar ata a victoria final.