Frente Popular Galega perante os atentados perpetrados na mañá de onte en Madrid, quer facer público o seguinte:
—Desde ningún punto de vista é admisible unha matanza indiscriminada de persoas civís coma a que acaba de acontecer.
—A hora e os lugares dos atentados (El Pozo del Tío Raimundo é un sitio de gloriosa memoria antifascista) implicaban necesariamente que as víctimas só poderían pertencer ao pobo traballador e aos sectores máis afastados da oligarquía do poder. Non sabemos quen poido organizar e executar a masacre. Sexa quen fosen os autores, a acción seméllanos humanamente cruel e politicamente contraria ás apetencias de igualdade e de democracia real do pobo e das nacións non autodeterminadas do Estado Español.
En consecuencia,
A FPG condena os atentados de Madrid con enerxía, solidarízase co pobo madrileño, e fai votos porque a situación creada non se convirta nun pretexto para acelerar o proceso de perda de liberdades e dereitos que actualmente está en marcha.
Viva Galiza Independente e Socialista!
Dirección Nacional da FPG
Compostela, 11 de marzo de 2004