A principios do XX, as obreiras da fábrica téxtil Cotton de Nova York, reclamando mellores condicións de traballo, o descanso dominical, a redución de xornada a 10 horas, e recibir igual salario por igual traballo que os homes, ocuparon a fabrica e como resposta, os patróns incendiárona coas obreiras dentro, morrendo carbonizadas as 129 traballadoras.
En homenaxe a aquelas obreiras do téxtil, as mulleres militantes europeas fixaron o día 8 de Marzo como día internacional da muller traballadora. Desde entón o 8 de marzo se converteu nunha xornada de loita das mulleres obreiras e socialistas.
Hoxe, esta loita persiste, xa que a muller sigue sendo explotada no traballo e no fogar, por esta sociedade capitalista que non outorga ningún tipo de igualdade. Os intereses do capital e do patriarcado confúndense nun todo, sendo as dúas faces dunha mesma moeda.
Este é un día máis de loita no que reafirmamos o nosos repudio ao explotador e á explotadora, e manifestamos o noso berro revolucionario convencidas e convencidos máis que nunca de que a verdadeira igualdade entre ambos sexos só se logrará cando transformemos a sociedade para chegar a unha sociedade socialista e a unha Galiza independente.
A Frente Popular Galega non só se une á reivindicación das mulleres neste 8 de marzo, á loita da muller traballadora, senón que forma parte da mesma loita e a fai absolutamente propia.