O vindeiro xoves (quinta feira), 9 de decembro, celebrarase en Vigo unha charla coa presentación do manifesto pola liberdade de Arnaldo Otegi, dirixente da esquerda abertzale encarcerado polo Estado español.
O acto terá lugar na Galería Sargadelos da rúa Urzáiz a partir das 19h00 e participarán entre outros Xosé Manuel Beiras, Xosé Luís Méndez Ferrín, Camilo Nogueira e Doris Benegas.
.