Inicio » Nacional, Liberación nacional » A FPG apoia alternativa autodeterminista frente unha posíbel reforma estatutaria

A FPG apoia alternativa autodeterminista frente unha posíbel reforma estatutaria

O pasado sábado 18 de decembro a FPG participou no Pazo da Cultura de Pontevedra no acto convocado pola plataforma Causa Galiza no que se asinou o compromiso de diferentes organizacións e colectivos políticos, culturais, da mocidade e sindical coa autodeterminación nacional do pobo galego. Neste acto presentáronse 8 puntos básicos, baixo o nome de Acordo Democrático Nacional (ADN), como alternativa á posíbel reforma estatutaria que os partidos do sistema poderían levar a cabo.