Inicio » Nacional, Movemento obreiro » Paremos a represión ao movemento obreiro

Paremos a represión ao movemento obreiro

A FPG forma parte do Comité de Solidariedade con Miguel, que celebrou a primeira xuntanza o pasado xoves 13 de xaneiro no local sindical da CUT en Vigo. As dúas primeiras accións aprobadas foron levar a cabo concentracións os primeiros martes de cada mes no mercado do Calvario, sendo a primeira delas o martes 1 de febreiro ás 20 horas. Por outra banda acordouse unha marcha á prisión de A Lama o 13 de febreiro ás 12 horas, onde se fará unha nova concentración.

Para a aportación de cartos a CUT abriu unha conta, que o mesmo sindicato xestionará, en NOVA CAIXA GALICIA 2080 0079 90 0040012053.

A nova xuntanza do Comité será o 25 de xaneiro, ás 20 horas, novamente no local sindical.

Dende a FPG facemos fincapé na necesidade do mostrármonos solidarios cos traballadores e traballadoras galegas que están a sufrir a brutal represión do sistema capitalista e as súas ferramentas intimidatorias.

Etiquetas: