Mañá, sábado 29 de xaneiro, a Frente Popular Galega organiza en Redondela o acto político-cultural “Memoria e República, centro de todos os mundos posíbeis” que contará co recital de poetas do colectivo socio-cultural Redes Escarlata ás 21:00 horas e co concerto do cantautor-punk Leo i Arremecághona ás 22:00 horas.
O acto terá lugar na Disco Tasca, situada na Rúa Pai Crespo (xunto a Farola) no centro da vila redondelá.
Pola República Socialista Galega! Agardámosvos a todas/os!