Inicio » Nacional, Internacional, Solidariedade, Euskal Herria » NORABOA BILDU!

NORABOA BILDU!

A confirmación estes días da legalidade de Bildu polo Tribunal Constitucional español, rectificando deste xeito ao seu Tribunal Supremo, é unha testemuña máis do carácter político do conflito vasco así como tamén do labirinto no que está enredado o Estado español. Como xa temos manifestado noutras ocasións, desde a FPG cremos que a aposta realizada pola esquerda abertzale sen dúbida dará froito, e para iso é indispensábel seguir perseverando no ilusionante camiño iniciado, camiño máis ou menos longo que deberá levar ao pobo vasco cara un novo ciclo político.

Neste senso desde a FPG queremos dar os parabéns publicamente á coalición Bildu pola que sen dúbida é unha vitoria do pobo vasco na súa batalla contra a sen-razón e a cerrazón españolas. Unha primeira vitoria que virá acompañada, certamente, de moitas outras, a comezar polas eleccións do vindeiro 22 de maio, nese camiño que ten por diante o pobo vasco cara a súa liberdade.

Etiquetas: