Inicio » Municipais 2011, Redondela 2011 » Onte mitin en Redondela, hoxe en Chapela

Onte mitin en Redondela, hoxe en Chapela

Despois de percorrer todas as parroquias do concello de Redondela organizando actos e falando co pobo, a candidatura veciñal da Frente Popular Galega pechará a campaña con dous comicios centrais, un en Redondela e outro en Chapela.

O xoves 19 de maio terá lugar un mitin en Redondela ás 20:30 horas na Casa da Torre. No mesmo intervirán Lara Pérez (candidata nº 16), Adriana Fontán (candidata nº 3), Rafa Balado (candidato nº 2) e Berto Covelo (candidato nº 1).

Xa o venres 20 de maio celebrarase outro mitin de peche de campaña en Chapela ás 20:30 no Colexio de Laredo. No mesmo intervirán o Secretario Xeral da FPG Mariano Abalo, Ricardo Castro (candidato nº 15), Cris Blanco (candidata nº 7) e Berto Covelo (candidato nº 1).

Á ESQUERDA CO POBO E COA TERRA!

Estades todas/os convidadas/os!