Inicio » Formación, UPG-histórica » Quen é patriota galego?

Quen é patriota galego?

Cando o capitalismo tén chegado ao estadio monopolista; cando, coma no Estado Imperialista Español, a oligarquía xa non tén patria nin nacionalidade; cando por iste motivo un pobo coma o noso é sometido a unha feroz e progresiva colonización política, económica e cultural…, entón o ser PATRIOTA GALEGO é o xeito de ser revolucionario en Galicia; é o xeito de contribuir a que medre impetuosamente o movemento NACIONAL-REVOLUCIONARIO do pobo galego; é o xeito correcto de loitar contra da domiñación e opresión colonial do noso pobo polo Estado Imperialista Español.

Máis, ¿quen é hoxe patriota en Galicia?

É PATRIOTA en Galicia, quen loita contra do colonialismo que padesce o noso pobo, e pola súa independencia, é decir pola soberanía da nosa PATRIA, porque a colonización é a forma de esprotación a que están sometidas as camadas populares do noso país polo Estado Imperialista Español, e a independencia siñifica o trunfo das masas populares contra semellante esprotación.

É PATRIOTA en Galicia quen loita contra da ideoloxía domiñante que é a ideoloxía españolista, orixinada polos intereses da oligarquía monopolista que domina o Estado Imperialista Español.

É PATRIOTA quen está afincado na realidade da nosa Terra e orienta a súa laboura política en función disa realidade. Pra o PATRIOTA a súa realidade é a que máis lle preocupa, á vez que non deixa de contar coa realidade dos outros.

É PATRIOTA quen desenvolve a súa loita a partir da realidade económica, social e cultural da nosa TERRA e que, en termos políticos, tén unha soia tradución: estamos baixo do dominio colonial do Estado Imperialista Español.

É PATRIOTA quen participa na resistencia política, militando e robustecendo o Partido que loita pola Liberación Nacional e Social de Galicia.

É PATRIOTA, xa que logo, quen robustece a unidade das camadas populares arredor diste ouxetivo, loitando contra todos os oportunistas e todos os traidores.

É PATRIOTA quen non se subordina a estratexias que nada teñen que ver cós intereses do noso pobo e que o someterían a un novo tipo de opresión colonial.

É PATRIOTA quen entende que, na nosa TERRA, temos dereitos igoaes aos de calquera outra xente na súa propia terra.

Por iso o PATRIOTA GALEGO é verdadeiramente internacionalista, porque sabe que a loita do seu pobo forma parte dunha loita maior de todos os países colonizados e oprimidos do mundo na súa liberación do imperialismo e polo derrubamento do capitalismo. O PATRIOTA GALEGO sabe que as loitas de Liberación Nacional son ataques de morte aos estados imperialistas e ao sistema capitalista mundial.

A U.P.G. é a orgaización comunista e patriótica galega cuios ouxetivos son, a curto prazo:

– A DESTRUCIÓN DO ESTADO COLONIALISTA ESPAÑOL.

– A LIBERACIÓN DAS CAMADAS POPULARES GALEGAS DA ESPROTACIÓN COLONIAL A QUE ESTÁN SOMETIDAS.

– A CREACIÓN DUN ESTADO GALEGO DEMOCRÁTICO E POPULAR, NO CAMIÑO DUNHA SOCIEDADE SOCIALISTA.

A U.P.G. entende que niste intre moitas orgaizacións semellantes loitan, no mundo, pola liberación social, económica, cultural e política dos seus pobos. Hai pouco veñen de conquerila: Vietnam, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Camboia, etc. Tendo a certeza de que o pobo galego forma parte disa loita a nivel mundial contra do imperialismo, sabe que hai que se coordinar prá isolar ao enemigo común e, deí, que teña en conta, de maneira especial, a loita de liberación dos pobos vasco e catalán (véxanse os acordos PSAN(p); ETA; UPG) e manteña contauto có IRA, a UDB, e calquera orgaización que esteña disposta a ademitir, na teoría e na práitica, que Galicia é unha patria asoballada, unha colonia do Estado Imperialista Español.

A U.P.G. considera pois que a tarefa central dos revolucionarios en Galicia é desenrolar e fortalecer o movemento nacional-revolucionario, o movemento patriótico galego.

A U.P.G. fai un chamamento a todas as camadas populares galegas, i en especial ao proletariado, así como aos revolucionarios e progresistas en xeral e xunguirse cada día máis estreitamente arredor do ouxetivo político de todos os patriotas galegos:

O DERRUBAMENTO DO ASOBALLAMENTO COLONIAL DA NOSA PATRIA POLO ESTADO IMPERIALISTA ESPAÑOL.

A AUTODETERMINACIÓN DO POBO GALEGO.

Editorial do Terra e Tempo, voceiro da UPG-histórica, nº 31, agosto de 1975. Respéctase a forma escrita do galego empregada no texto orixinal.