Inicio » Outras voces, Sobre movementos populares » Declaración do Comité Central do KKE

Declaración do Comité Central do KKE

O dilema de Euro ou Dracma é un engano para o Pobo. O interese do Pobo é o abandono da Unión Europea a través do Poder Popular, quen cancelará unilateralmente toda a débeda e devolverá ás masas, mediante a socialización dos medios de produción, as riquezas que produce, riquezas roubadas polos monopolios coa axuda do PASOK, ND e o resto de partidos da burguesía.

Neste contexto, o KKE chama á clase obreira e ás masas populares a dicir NON ao referendo; a demandar a caída do Goberno e eleccións, nas que golpear con forza o podre sistema burgués votando o KKE.

No caso de que o referendo tivese lugar, o Pobo debe participar militantemente e votar NON, que será un enorme NON á política “unidireccional da Unión Europea”, ao memorando, ao programa de medio prazo, ao contrato de empréstito, unha demanda doutro camiño de desenvolvemento da sociedade grega. O interese desa parte da clase obreira que non está de acordo con abandonar a Unión Europea, mais resiste ás bárbaras medidas antipopulares da Unión Europea, do Goberno e a plutocracia, é unirse a esta liña de loita.

O KKE chama o pobo traballador a que non ceda ás chantaxes, e as converta nun búmerang contra o PASOK, a ND e os seus secuaces. É imprescindíbel un desenvolvemento decisivo do movemento popular en todos os centros de traballo e nos barrios, un movemento que teña por obxectivo o derrocamento do poder dos monopolios.

Etiquetas: ,