Inicio » Compostela » A FPG de Compostela abre o seu blogue

A FPG de Compostela abre o seu blogue

A Asemblea de Zona da FPG de Compostela vén de abrir ao público o blogue http://fpgcompostela.blogaliza.org/ como medio de difusión dos acordos e das propostas políticas deste organismo de base do noso Partido. Este blogue, que contén xa algunha das resolucións da Asemblea Comarcal Compostelá, complementarase coa edición en papel do voceiro O Preguntoiro, publicación histórica que saiu do prelo por primeira vez en 1988.

A reedición do seu voceiro en papel e a apertura do blogue comarcal afondan no actual programa de expansión e consolidación organizativa dunha Frente Popular Galega disposta a afrontar con decisión política, coherencia e traballo militante un escenario adverso e agresivo para o conxunto do pobo traballador galego, co horizonte posto na defensa irreductíbel dos intereses específicos da maioría social galega.

Etiquetas: , ,