Inicio » Nacional, Feminismo, Movementos sociais » Volve a Biblia ao Código Penal

Volve a Biblia ao Código Penal

Se para o PSOE a esquerda se limita á ampliación dos dereitos dos grupos sociais excluídos por razóns de xénero ou opción sexual, para o PP o papel da dereita consiste en recuperar os vellos valores tradicionais que podemos resumira nunha palabra: patriarcado.

Así, volve a serlle expropiado ás mulleres o dereito a decidir sobre o seu propio corpo e a súa sexualidade con argumentos máis propios da Teoloxía que da Bioloxía, como vemos na recente restauración da Patria Potestade á hora de decidir o futuro daquelas fillas que pretendan abortar antes dos dezaoito.

Desde a FPG estamos en contra desta visión reaccionaria, relixiosa e acientífica do que é un ser humano promovida polo PP para contentar as súas bases sociais máis distinguidas (Opus, Lexionarios, Kikos, etc.), visamos a política desde unha perspectiva rotundamente laica e convidamos á Igrexa a non trasladar ao resto da cidadanía as súas coñecidas obsesións e pouco exemplares condutas en materia de sexo.