Despois de levarmos a cabo unha Conferencia Nacional o pasado día 4 na cidade de Compostela, dende a FPG facemos pública a decisión e os pasos a seguir ao respecto:
1º.- Dar a coñecer a resolución da Conferencia Nacional , na que acordamos deixar de ter presenza e representación nos órganos de Causa Galiza, desvencellándonos dos posicionamentos e das decisións organizativas e políticas acordadas pola devandita plataforma política.
2º.- A consideración básica que fundamenta esta resolución centrámola na evidencia de que deixou de se cumprir o principio establecido na súa constitución, é dicir: ser Causa Galiza un referente e unha plataforma que agrupase e afortalase a conciencia e a mobilización arredor da Autodeterminación Nacional. Pola contra, rematou por se converter nunha simple expresión partidista, cun funcionamento que decote vulnerou os principios da avinza e da democracia máis elemental.
3º Dende a FPG continuaremos co traballo iniciado e avanzado a prol dunha proposta que aglutine unha fronte ampla, plural e de esquerdas, tendo como referente primordial o conxunto das clases traballadoras galegas e a loita pola Autodeterminación.
En Galicia, a 16 de febreiro de 2012