Con motivo da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de Marzo, as organizacións CN de Marín, FOGA, PCPG e FPG veñen de tirar un boletín informativo chamando a secundar activamente esta xornada de loita e mobilización nas rúas.
O boletín preséntanos un cadro sintético do que a reforma laboral virá significar, no que queda ás claras a grave desprotección das clases populares nesta nova etapa da crise sistémica.
Capítulo especial merece a degradación das condicións no sector público do que esta publicación dá tamén boa conta coa explicación da nova Lei de medidadas temporais en determinadas materias do emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia.
Podes descargalo premento nesta ligazón.
[issuu width=420 height=297 backgroundColor=%23222222 documentId=120314102446-19989039b4644dea8b0f625decd1a2db name=boletinfolga29 username=fpg_gz tag=29m unit=px id=b15f2355-218e-d12f-361e-eeb52c27f040 v=2]