Inicio » Nacional, Feminismo » Mulleres libres na matria liberada

Mulleres libres na matria liberada

Nos arredores do Día da Matria, as organizacións ADIANTE e FPG organizamos as I Xornadas “Mulleres libres na matria liberada”, o luns 23 de xullo na Praza da Oliveira (Compostela).

Nunha data tan importante coma esta, na que reclamamos o dereito á independencia, coidamos importante tamén lembrar que as mulleres vemos roubada a nosa soberanía día tras día e en múltiples ámbitos: o dereito a decidir sobre os nosos corpos, a vivirmos libremente a nosa sexualidade, a sermos persoas de pleno dereito en todos os lugares do mundo.

Convidámosvos, logo, a participardes nesta xornada para poder construír entre todas os alicerces da nosa propia liberdade; para empoderármonos e derrubar golpe a golpe o patriarcado.

PROGRAMA:

12:00 – Presentación das Xornadas.
12:30 – Mudar o sistema e derrubar o patriarcado (Lola Ferreiro).
14:00 – Xantar popular n’As Dúas*.
16:00 – Mulleres soberanas dos nosos corpos (Iria Zas e Xiana López).
18:00 – Derrubar os muros da exclusión (Laura Bugalho e Sandra Flores).
19:30 – Por unha liberdade radical (Rede Feminista).
21:30 – Concerto: The Tetas’ Van.

* As persoas que queirades apuntarvos ao xantar popular (6€ + bebida), mandade un correo a info@adiantegz.org, para podermos calcular cantas imos ser.