O vindeiro domingo, 16 de xuño, ás17:00hs, a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto, da que a Frente Popular Galega fai parte, xunto con compañeiras de colectivos feministas, sociais, sindicais e políticos, sairá desde a estación de trens de Compostela. Acudiremos á manifestación unitaria como parte dos actos nos que vimos participando por todo o país, para visualizar o rexeitamento á reforma lexislativa da interrupción voluntaria do embarazo.
Desde a FPG facemos unha chamada de emerxencia a toda a sociedade, precisamos continuar a loita pola soberanía dos nosos corpos e das nosas vidas.
Non máis mandamentos episcopais e fascistas.
Negámonos á lexislación do noso dereito a decidir.
As mulleres somos suxeitos de pleno dereito, e polo tal esiximos políticas sexuais e afectivas emancipadoras.
Sen dereitos para as mulleres non hai democracia!!!