Este xoves celebraremos un acto político internacional coa Plataforma vasca Herrira en Vigo.
Herrira é unha entidade que loita polos dereitos civís das persoas presas e, en especial, polo retorno en liberdade aos seus fogares en Euskal Herria das persoas exiliadas .
Como organización internacionalista e solidadaria que somos, desde a FPG queremos dar a coñecer o importante traballo político e social que está a artellar Herrira dentro e fóra de Euskal Herria.
O acto político comezará o xoves ás 20:00 no centro social da Asociación Cultural Bou Eva, no número 11 da Rúa do Terzo de Fóra.