Por segundo ano as organizacións Adiante e FPG, celebramos unha xeira ao carón do Día da Matria, para entre todas continuar a construír os alicerces da nosa liberdade que, como o noso país, vemos roubada día a día.
A violencia estrutural que aplica o goberno recortando nas nosas necesidades básicas (ensino, sanidade, vivenda, soberanía, identidade…) precisan dunha resposta continuada.
Entendemos imprescindíbel, para o derrubo deste sistema agresor, liberarnos do xugo do patriarcado. De aí a importancia de xuntármonos ao redor das compañeiras e compartir pensamentos, razoamentos, recursos… que contribúan a erixir unha realidade máis xusta para todas.
Desde a FPG convidamos o tecido social, sindical e político que pula pola independencia da nosa nación a II Xornada Mulleres libres na matria liberada, o martes 23 de Xullo a partir das 17:00hs, n’As Dúas, en Compostela.