Desde a Frente Popular Galega manifestamos, como fixemos desde o primeiro intre, todo o noso respecto, apoio e agarimo ás familias e achegad@s das vítimas da catástrofe de Angrois. Galiza enteira está de dó e loito. O pobo galego respondeu exemplarmente neste Día da Patria que sen dúbida tod@s lembraremos sempre como o máis triste da nosa historia. Este mesmo pobo que chegado o momento saberá, saberemos, esixir todas as responsabilidades que cumpran por esta terríbel traxedia. Galiza coa verdade e a xustiza.
Inicio » Nacional, Solidariedade » Coas vítimas da traxedia e os seus seres queridos. Coa verdade e a xustiza