Dende a Frente Popular Galega queremos amosar o noso apoio á folga xeral sanitaria de 48 horas, así como facer un chamado á cidadanía a participar das mobilizacións convocadas por todo o país para o día 10.
Sumámonos á loita pola defensa do noso sistema público de saúde, ben común da cidadanía, acadado grazas ás moitas loitas da clase traballadora, e non cesaremos nesta batalla pola súa defensa até que rematen os ataques austericidas do partido popular dirixidos a precarizar e pauperizar o sector público para así continuar no camiño cara a súa privatización, e o enriquecemento dos amigos de Feijoo a costa das clases traballadoras e populares galegas.
Tamén queremos parabenizar a altura de miras das traballadoras e traballadores do sector público da sanidade, que, nun momento no que están a padecer os maiores ataques contra os seus dereitos laborais, son quen de pór en primeiro lugar das súas reivindicacións a loita por un sistema público que nos pertence a todas.
A SAÚDE NON PODE SER UN NEGOCIO
POR UNHA SAÚDE PÚBLICA, GRATUÍTA E UNIVERSAL!!!
POR UNHA SANIDADE POR E PARA O POBO!!!!
Mobilizacións convocadas para o día 10 de decembro:
A Coruña- Casa do Mar (Avda do Exército) 20h.
Barbanza- Centro de Saúde 20h.
Burela -Hospital da Costa. 20:30h.
Cee – Hospital Virxe da Xunqueira. 12h.
Ferrol -Praza de España, Fontenla Maristany. 18h.
Lugo -Edificio Multiusos Xunta de Galiza. 20h.
Monforte -Praza de España 20h.
Pontevedra -Porta Principal Hospital Provincial 20h.
Santiago -Praza Roxa 20h.
O Barco -Hospital Comarcal. 20h.
O Salnés -Porta principal Hospital do Salnés 14h.
Ourense -Pavillón dos Remedios. 20h.
Vigo -Hospital Xeral. 20h.