Saudamos con ledicia e camaradaxe o Congreso Constituinte de XEIRA, que botou a andar esta fin de semana no barrio vigués de Teis, como ferramenta para organizar a mocidade comunista galega, cos principios sólidos do marxismo-leninismo, o feminismo e a independencia nacional.
Cremos con firmeza na necesidade da autoorganización xuvenil como a base indispensábel a partir da cal traballarmos xunt@s en innumerábeis loitas, con lealdade e honestidade, e co férreo compromiso de acadar o horizonte estratéxico da República Galega.
Facemos tamén nosa a vontade emancipadora e resolucións do voso Congreso e reiteramos a alegría polo nacemento de XEIRA, desexándovos moita sorte nesta nova andaina de loita para a liberación da mocidade traballadora galega.
Vémonos na loita.
Viva Galiza ceibe, socialista e feminista.
Viva XEIRA!