Inicio » Movemento obreiro » 10 de marzo, dia da clase obreira galega

10 de marzo, dia da clase obreira galega

1331325535_222858_1331325616_noticia_normal

Desde a FPG queremos apoiar e facer un chamamento a participar en todos os actos e mobilizacións convocadas para o Día da Clase Obreira Galega.

Hoxe, como todos os 10 de marzo desde 1972 queremos recordar a Amador e Daniel e ter a certeza de que a súa loita e morte non foron en balde. Hoxe a clase traballadora galega, ao igual que no 1972, vive nun clima de agresión máxima contra os seus intereses e dereitos. Dereitos que foron conquistados na rúas e nos centros de traballo, por milleiros de homes e mulleres como Amador e Daniel, e que hoxe no 2014 non podemos entregar nin renunciar a través de políticas de pactos e de entrega á patronal.

O capital a través dos múltiples mecanismos dos que dispón, quere que nós, a clase traballadora galega paguemos a crise que eles orixinaron. Eles teñen os gobernos e as súas leis, a policía, os bancos, as organizacións e lobbies patronais, teñen mesmo aos sipaios e traidores sindicais. Nós temos a mobilización constante e permanente, temos ao sindicalismo de clase e combativo, temos o dereito a vivir dignamente e ese dereito debemos conquistalo, porque a Historia a nós ensinounos que nunca o capitalismo non regalou nada, senón que foi conquistado e collido sen permiso da patronal nin dos seus gobernos.

Ese é o camiño, o da Dignidade a través da loita. O da loita a través da unidade. A unidade para golpear xunt@s ao goberno traidor e maltratador. Esta é a responsabilidade que debe ter a esquerda e as organizacións de clase galegas, e é o compromiso de moitas organizacións, colectivos e xentes a nivel individual que estarán na marea humana que se vai enfrontar á Troika e aos seus gobernos titeres o próximo 22 de marzo en Madrid coas denominadas Marchas da Dignidade.

A clase obreira galega estará o 22 de marzo en Madrid, e estará alí unha importante representación do noso pobo traballador, xunto co pobo traballador basco e catalán, cos traballadores/as andaluzas e castellanos/as, con todos os pobos do territorio estatal, agredidos e agredidas polo capitalismo e os gobernos corruptos.

Porque as Marchas da Dignidade non poden ser un obxectivo en si mesmas, non deben ser unha finalidade, senón o inicio dunha nova fase de loita e de enfrontamento a capitalismo e ao sistema agresor da clase traballadora. Non debemos retroceder nin un milímetro máis nos nosos dereitos, senón que é hora de avanzar na resposta, a través da unidade, contra os ataques que sufrimos como Pobo, como Nación Galega, como mulleres e como clase traballadora. As marchas son o primeiro chanzo, e só a través da unidade de acción, con unidades populares e fronte amplas seremos quen de derrubar este sistema e construír entre tod@s unha sociedade máis xusta, máis igual e máis fraternal.

 

Viva a Clase Obreira Galega

Viva a clase traballadora galega

Viva Galiza Ceibe e Socialista.

#marchasdignidade #unidade #anticapitalismo #fronteampla