Inicio » Liberación nacional » Abaixo a monarquía!

Abaixo a monarquía!

Sin título-2
Hoxe soubemos que o rey Juan Carlos decidiu abdicar no seu fillo o príncipe Felipe despois de 39 anos ao frente da monarquía española. Perante este feito, a Frente Popular Galega manifesta o seu completo rexeitamento a esta nova manobra das oligarquías estatais para perpetuar o réxime borbónico de costas ao pobo: o goberno corrupto e criminal do Partido Popular, en connivencia coa outra cara da mesma moeda, o Partido Socialista, confirman o seu carácter antidemocrático ao negarse a convocar un referendo que permita aos cidadáns expresar o seu apoio ou o seu rexeitamento ao réxime monárquico, un réxime herdeiro do nacionalcatolicismo que goza, ademais, de impunidade legal, que nos obriga a sermos súbditos e nos anula como nación.
Chamamos, polo tanto, á creba deste sistema inxusto, á apertura dun proceso constituínte, amplo e popular e á amnistía total dos presos políticos.
A monarquía non é compatíbel co exercicio da democracia.
Abaixo a monarquía!! Todo o poder para o pobo!!