Inicio » Solidariedade, Euskal Herria » Arnaldo Otegi Askatu!

Arnaldo Otegi Askatu!

Desde a Frente Popular Galega (FPG) queremos manifestar unha vez máis a nosa total adhesión internacionalista á liberación nacional e social do Pobo Vasco. Sumámonos a manifestación de Elgoibar convocada para o 11 de outubro co obxectivo de reivindicar a liberdade de Arnaldo Otegi e dos seus compañeiros e compañeiras presas polo caso “Bateragune”. Nin os gobernos nin o Estado español lle poden por cancelas ao mar. Estamos seguros que esta manifestación será un novo éxito como aquela realizada naquel histórico 17 de outubro de 2009, e que novamente o Pobo Vasco demostrará as súas arelas de democracia e liberdade en forma de marea que inunde todas as institucións antidemocráticas do Estado español que non poderán impedir o inevitable, a liberdade do Pobo Vasco.

Gora Euskal Herria Askatuta!

Viva Galiza Ceibe!

Un saúdo Internacionalista.

Galiza, 10 de outubro de 2014.

2010-12-05-2