A violencia contra a muller segue a ser algo máis ca un problema mal solucionado propio épocas pasadas, algo máis ca faíscas: constitúe unha pandemia global. Segundo a ONU, ata un 70% das mulleres sofren violencia nas súas vidas. Esta teimuda violación dos dereitos humanos que se exerce sobre as mulleres ten unha raíz estrutural: o patriarcado, do que emerxe a ideoloxía machista que día tras día as mulleres padecemos mediante diversas formas de violencia.
No que vai de ano, 6 mulleres foron asasinadas en Galiza e 43 en todo o Estado. As medidas de seguimento e ordes de protección exercen a súa función, pero a raíz do problema pasa por unha mudanza de paradigma: a emancipación da clase traballadora e a consecución dunha sociedade sen clases, conformada por cidadás e cidadáns libres e iguais, onde a violencia do home sobre a muller carece de sentido.
Porén, no contexto actual, os datos teñen os seus motivos: os valores nacional-católicos aínda imperantes que pretenden converternos en cidadás de segunda, elementos dependentes ao servizo dunha vontade allea. Por iso, o fracaso na reforma da lei do aborto só pode interpretarse como unha vitoria do movemento feminista que nos reafirma na necesidade de continuar a loita necesaria da emancipación da muller.

Desde a Frente Popular Galega, chamamos á toma de conciencia e á organización contra as criminais ofensivas do patriarcado e do capital; organización que só pode ser iniciada e conducida polas mulleres da clase traballadora, que coñecen múltiples formas de explotación (por seren mulleres, traballadoras, galegas, inmigrantes e un longo etc.) e que serán a chave dunha sociedade libre.
A FPG adhírese á campaña da Marcha Mundial das Mulleres #ForaMachismo25N e chama á participación nos actos feministas convocados para o 25N en todo o país.
Viva a loita feminista revolucionaria!!!