Coa irrupción de Kast en plena crise política en Chile, celebramos o triunfo electoral de Apruebo Dignidad porque freou a ultradereita e porque garante liberdades políticas formais que posibilitan á clase obreira chilena continuar organizándose.
Máis alá desta conxuntura electoral, entendemos que a emancipación da clase traballadora precisa de romper cos marcos do Estado e cos límites da democracia representativa para a consecución dun proxecto verdadeiramente democrático, é dicir, popular.
Polo tanto, a vitoria de Boric ten un carácter esperanzador, pero insuficiente. Abrazámola con forza para mandar folgos ás nosas compañeiras chilenas, en loita pola liberación.