Inicio » Author Archive

Unidade Antiimperialista

      Nos últimos días puidemos contemplar o final dunha traizón anunciada: os peóns otanistas ianqui-otomanos usaron sectores do nacionalismo kurdo para, como moitos xa advertiran, posteriormente abandonalos e aniquilalos. Fagamos memoria: a ofensiva contra o lexítimo goberno democrático e popular de Al Asad, apoiado polas forzas obreiras e comunistas sirias, dura xa case unha década.... 

Nicaragua. A Frente Popular Galega contra a Contra.

  Un réxime somocista patriarcal, corrupto até os miolos e ben mantido polos EEUU en Nicaragua, foi derrubado en 1979 pola acción armada, política e adecuada á ética universal do Frente Sandinista de Liberación Nacional que a Cuba revolucionaria apoiaba. O sandinismo ocupou o poder coas bandeiras vermellas e pretas ondeando sobre a Patria. Acto seguido, as forzas coordinadas do departamento... 

Marzo a proxectar arredismo de clase

Marzo, o equinoccio da primavera, entre o ventoso e o xerminal. É grande o simbolismo do antigo mes de Marte en todas as disciplinas. Vai esmorecendo o inverno e abrollan as novas vidas, todo emerxe, fluíndo, xirando en espiral. Tamén o é, como non, na curta pero intensa historia política da nosa esquerda arredista contemporánea. Así é que nun 25 de marzo de hai corenta anos se constituia... 

“Solidariedade”, un sindicato patronal que destruiu á clase obreira polaca.

Hai 25 anos, o alto clero católico de Polonia conseguía aglutinar aos diversos sectores da oposición anticomunista encol dun grupo de sindicalistas para establecer una liña de ataque frontal ao Estado da Polonia popular. O socialismo conseguira consolidar o seu poder en base a outro sector heteroxéneo da poboación: a intelectualidade xudea supervivinte da agresión alemana, o campesiñado beneficiado... 

15M: comunismo de movemento?

“Vemos a todos falando con veciños descoñecidos. Lemos miles de pancartas onde a vida de cada un se mistura sen fendas coa grande historia de todos. O conxunto destas situacións, destes descubrimentos, constitúe o comunismo de movemento”. Alain Badiou, “A faísca que incendia a chaira” in Le Monde, marzo de 2011.   Comunismo é aquí, como nos dirá Badiou, “creación común do... 

A Democracia no País dos Sovietes

(Comunicação apresentada na conferência «A Democracia Liberta-se», que teve lugar em Lisboa, no dia 13 de Abril, integrada no ciclo «Lénine e a Democracia», organizado pela Associação Iúri Gagárin e a Biblioteca-Museu República e Resistência). «Pela primeira vez no mundo, o poder do Estado foi organizado na Rússia de modo que só os operários e camponeses trabalhadores, excluindo os... 

Comunismo independentista e Suxeito Nacional de Ruptura.

Posicionamento  da FPG sobre a conxuntura política e apoio á Dirección de En Marea da candidatura <<Máis Alá!>> O noso Partido, pese a todos os pasos que nos quedan por dar na construción do Suxeito Galego de Ruptura, mostra unha cauta satisfacción e ledicia por todo o avance que supón   o artellamento  efectivo de En Marea como organización e suxeito político que se... 

Carta da FPG ao Partido Comunista Cubano

No pasamento do Comandante en xefe Fidel Castro, lider da Revolución cubana, dende a Frente Popular Galega, como partido internacionalista, non podemos deixar pasar a ocasión para reivindicar o legado do grande revolucionario cubano, da súa loita, do seu exemplo e dos seus logros. Sen lugar a dúbida, estamos ante unha fígura histórica dunha importancia indiscutíbel, tanto polo seu significado... 
Etiquetas: ,

Arredismo de clase e marea galega en sete puntos

  1.O pasado 30 de xullo, unha asemblea multitudinaria no Mar de Vigo, lexitimada por máis de dez mil asinantes e un cento de mareas de base, constituíu un novo tempo para o pobo traballador galego, un tempo coma o actual no que toda resposta pola liberación nacional e de clase adopta necesariamente en Galiza o modelo elaborado da unidade popular antimperialista e anticapitalista e na que... 

Moncho Reboiras, o futuro é noso!

Cando se cumpren 41 anos do asasinato do patriota galego Moncho Reboiras a mans da policía española, dende as expesións organizativas do comunismo independentista queremos poñer en valor a figura daquel mozo obreiro e combativo nacido en Imo, formado en Vigo e asasinado en Ferrol, como referente rebelde e exemplar para as xeracións actuais e futuras. Xusto nestes momentos nos que a mocidade...