Inicio » Estatais 2011

A FPG prosegue coa campaña perante o 20N

Na recta final da campaña electoral, na FPG continuamos a difundir a nosa mensaxe perante as vindeiras eleccións ás Cortes Xerais do Estado español. Aínda que a nosa formación non vaia estar presente nos colexios electorais o domingo, como suxeito político activo do noso pobo, non consideramos oportuno permanecer calad@s perante a ficción lexitimadora da democracia burguesa. Durante esta campaña... 

Gañe quen gañe, o pobo traballador galego perde

O vindeiro 20 de novembro terán lugar as eleccións ao Parlamento español nun contexto de crise sistémica irreversíbel. Os últimos anos demostraron a ineficacia da socialdemocracia e o seu servilismo ao Capital e aos seus órganos de decisión. Os galegos e as galegas afrontamos estes comicios electorais baixo o bipartidismo institucionalizado -e ben atado na transición borbónica- e a complicidade...