Inicio » Comarcal

[Vigo] Pola municipalización dos servizos básicos

A FPG clama por un transporte urbano xusto, efectivo e de calidade para Vigo. Tamén traballa a prol dunha mobilidade sustentábel, por uns medios de transporte colectivos eficientes e de calidade, un servizo público básico, social e vertebrador da cidade para o traslado das persoas. Reivindicamos un sistema de transporte que lle dea resposta ás necesidades de mobilidade de toda a poboación,... 

[Vigo] Contra o peche do Arquivo Pacheco

Prodúcese, máis unha vez, a clausura do ARQUIVO PACHECO, doutra volta dependendo dun cambio de goberno municipal. Dita actitude priva ao pobo de Vigo da utilización do inmenso arquivo, ficando, desta maneira, conxelados proxectos que van desde o simple lecer á investigación académica. Outra vez, a cultura é privada ou non é. Quedan pois para o recordo, exemplos do bo traballo realizado por... 

[Pontevedra] Boletín informativo do CN de Marín e da FPG

O colectivo nacionalista de Marín e a asemblea comarcal da FPG en Pontevedra vimos de editar un boletín informativo conxunto cos recortes provocados pola crise sistémica como temática central. A partir dun enfoque global, co artigo da capa “Recortes, reforma laboral, crise, conxelación salarial, impostos”, este voceiro pretende desmontar o argumentario neoliberal que fai recaer as... 

[Vigo] Contra a palestra franquista no Club Faro

Hoxe, o neto do dictador Franco dará unha conferencia presentando o seu novo libro falando do bo que era o seu avó no entorno familiar e lavando a imaxe dun dos maiores asasinos do século XX. Desde a Frente Popular Galega de Vigo acusamos directamente a Faro de Vigo, Club Faro e a súa directora Marisa Real, e a toda a xente encargada de organizar este evento de apoloxía do Franquismo,... 

[Compostela] Ante o embargo á Gentalha do Pichel

A Frente Popular Galega en Compostela fai público o seu rexeitamento á medida levada a cabo contra o Centro cultural e social A Gentalha do Pichel pola que se executa o embargo da súa conta por mor dunha multa de 2000€. O actual alcalde, Conde Roa, e por extensión o goberno municipal do PP, xa vén manifestando hai tempo a súa animadversión a dito Centro, así como a canta actividade cultural,... 

[Compostela] O peche do Mercado Nacional de Gando de Amio

Outro ataque ao tecido produtivo galego. Co anuncio de peche do Mercado de Amio, a Corporación Municipal de Santiago de Compostela deixa ben claro que lle molesta profundamente a presenza na cidade dunha actividade tan propia coma a gandería. O fundamento de tal peche aséntano en razóns económicas e de incompatibilidade de usos. Para demostrar a falsidade de tales afirmacións abonda referir... 

[Redondela] Santo Estevo de Negros, parroquia esquecida

Como moitos saberedes, por Galiza adiante están facendo o Eixo Atlántico de  Alta Velocidade, máis coñecido como AVE. Este vai chegar a Vigo a través dun túnel de arredor de 8 km. Precisamente a entrada deste túnel  é en Redondela, concretamente na parroquia de Santo Estevo de Negros. Os principais problemas que a veciñanza está a sofrer por mor das obras son, ademais do ruído... 

[Compostela] Sobre a recuperación da Sala Iago

O Comité de Zona da FPG de Compostela leva tempo manifestando a súa preocupación pola apropiación por parte do capital privado de diferentes espazos culturais e sociais da cidade, ante a pasividade dos sucesivos gobernos municipais que priorizaron o desenvolvemento de políticas favorábeis á defensa dos intereses de carácter privado fronte aos intereses do conxunto do pobo de Compostela, do... 

A FPG de Compostela abre o seu blogue

A Asemblea de Zona da FPG de Compostela vén de abrir ao público o blogue http://fpgcompostela.blogaliza.org/ como medio de difusión dos acordos e das propostas políticas deste organismo de base do noso Partido. Este blogue, que contén xa algunha das resolucións da Asemblea Comarcal Compostelá, complementarase coa edición en papel do voceiro O Preguntoiro, publicación histórica que saiu do... 
Etiquetas: , ,

DIANTE DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS: TEMPO de COMPROMISO

Estamos seguramente ante unha encrucillada histórica. Ao maior ataque contra os dereitos e conquistas das traballadoras e traballadores dos últimos 50 anos hai que sumar o terríbel acoso que está sufrindo a nosa identidade nacional así como tamén a aceleración na destrución do noso medio natural. Quen asinamos este documento entendemos que non só é preciso enfrontar a grave situación que... 
Etiquetas: