Inicio » Feminismo

8 de marzo: A loita que non cesa

No contexto deste Día Internacional da Muller Traballadora, de novo, queren negarnos a nosa condición de persoas; de novo, o goberno do Partido Popular demostra a súa desconfianza nas mulleres da clase traballadora e tamén a súa necesidade imperiosa de controlar a forza da nosa unión, a unión das desposuídas do mundo e a unión, en definitiva, do conxunto da clase obreira fronte á ignominia... 

Violencia de xénero é violencia estrutural

A violencia contra a muller segue a ser algo máis ca un problema mal solucionado propio épocas pasadas, algo máis ca faíscas: constitúe unha pandemia global. Segundo a ONU, ata un 70% das mulleres sofren violencia nas súas vidas. Esta teimuda violación dos dereitos humanos que se exerce sobre as mulleres ten unha raíz estrutural: o patriarcado, do que emerxe a ideoloxía machista que día... 

8 de marzo: o dereito a sermos persoas

O presente 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, está atravesado por unha cuestión primordial: o Anteproxecto de Lei contra o dereito ao aborto, ese Anteproxecto presentado por un goberno do Partido Popular que acredita na incapacidade das mulleres para decidir sobre si mesmas, na incapacidade das mulleres para sermos autónomas e na imposición, polo tanto, ás mulleres da obriga... 

20D #alertafeminista. Todas á rúa polo noso dereito a decidir!!

Confírmase que hoxe, 20 de decembro, as ameazas da dereita opusiana e fascista do PP de relegar ás mulleres a ser meras incubadoras, obxectos exentos de dereitos, vanse consumar no Consello de Ministros, a través da #LeiGallardón. A inminencia da aprobación da lei do aborto e o enorme retroceso nos dereitos fundamentais das mulleres obterá unha contundente resposta por parte de todo o movemento... 

¨A Fronte Ampla con anteollos violeta¨, Xiana López Penedo

Polo interese do mesmo, reproducimos a continuación o texto da camarada Xiana López Penedo lido na palestra titulada “A Fronte Ampla con anteollos violeta”, organizado por ANOVA o pasado día 1 de decembro en Vigo. Decidín comezar esta intervención facendo un pouco de memoria, e retomar, dende un punto de vista historicista, a evolución dos procesos de fronte ampla, analizándoo dende unha... 

Patriarcado: o substrato do odio

De novo 25 de novembro e a conciencia de que as datas conmemorativas gardan un pouso de hipocrisía por parte do sistema que as institucionaliza. Porén, non sendo o único día, tamén o 25 de novembro é ocasión para reclamar a memoria das irmás Mirabal e, con elas, esixir a erradicación da violencia contra as mulleres polo feito de selo, polo feito de querermos existir como mulleres e non como... 

28 de setembro, día internacional polo dereito ao aborto.

Manifestación nacional polos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. Este sábado 28 de setembro,  a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto sae de novo á rúa de forma unitaria co lema Aborto legal, seguro e gratuíto, será en Compostela desde a estación do tren ás 17.30. Agora, se cabe, é máis urxente ca nunca diante do anuncio do proxecto de lei que o goberno ultracatólico e fascista... 

II Xornada ¨Mulleres libres na Matria liberada¨

Por segundo ano as organizacións Adiante e FPG, celebramos unha xeira ao carón do Día da Matria, para entre todas continuar a construír os alicerces da nosa liberdade que, como o noso país, vemos roubada día a día. A violencia estrutural que aplica o goberno recortando nas nosas necesidades básicas (ensino, sanidade, vivenda, soberanía, identidade…) precisan dunha resposta continuada. Entendemos... 

Pola soberanía dos nosos corpos

O vindeiro domingo, 16 de xuño, ás17:00hs, a Plataforma Galega Polo Dereito ao Aborto, da que a Frente Popular Galega fai parte, xunto con compañeiras de colectivos feministas, sociais, sindicais e políticos, sairá desde a estación de trens de Compostela. Acudiremos á manifestación unitaria como parte dos actos nos que vimos participando por todo o país, para visualizar o rexeitamento á... 
Etiquetas: , ,

Todas as mulleres, todos os dereitos, todos os días

As mulleres organizadas contra o sistema patriarcal e capitalista convocamos unha manifestación unitaria baixo o lema Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos O próximo sábado 9 de marzo ás 12:30hs, a Frente Popular Galega xunto con compañeiras dos colectivos feministas, sociais, sindicais e políticos, sairemos desde a estación de trens de Compostela, por segundo ano, para tomar as rúas...